Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de abril de 2012

NOVA CUBERTA PARA A PISCINA MUNICIPAL







A secretaría xeral para o Deporte investirá 399.999 euros
O goberno local vai someter ao próximo Pleno municipal a aprobación do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para levar a cabo o cambio da cuberta da piscina do complexo polideportivo de O Pombal, o cal contará cun investimento de 399.999 euros para este ano.
O Concello porá a disposición da secretaría xeral as instalacións da piscina e terreos da concesión administrativa outorgada polo servizo de Costas do Estado, para a normal execución das obras. Esta renovación da cuberta tivo que aprazarse o pasado 2011 por mor dos axustes orzamentarios. Unha vez rematados os trámites previos, a obra sairá a contratación por concurso público, co presuposto xa indicado e un prazo de execución de catro meses.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, xa se comprometera co alcalde, Luis Aragunde, a redactar un proxecto e sacar a contratación as obras para dotar á piscina municipal da nova cuberta rematando así cos problemas de humidade desta instalación. Esta é unha gran prioridade de Cambados no eido das infraestruturas deportivas, que con este convenio poderá verse realizada nun curto prazo de tempo.


A secretaría xeral amosou a súa disposición favorable a cumprimentar esta renovación, tendo en conta que se trata dunha estrutura moi deteriorada tras case 20 anos dende a súa construcción. A maltreita cuberta xa resulta irreparable, ademais de propiciar moitas fugas de calor e condensación interior que desvirtúan as condicións óptimas para o disfrute dos usuarios desta intalación deportiva.
A piscina de Cambados é unha das que conta con máis actividade e maior número de usuarios en toda a provincia, pois acoden a practicar a natación máis de 1.200 persoas, entre as cales contabilízase un número elevado de particulares e escolares de municipios veciños.


A piscina non quedará coma as das imaxes pero estará millor que agora, ou esa é a idea.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.