Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de julio de 2012

OUTRO DESPILFARRO DE AUGA EN TORRADO





Dias atrás dende este blog queixábamonos do mal gasto de auga que se facía no parque de Torrado. Pois ben onte poidemos comprobar que a pesares de todo o despilfarro sigue e desta vez en proporcións maiúsculas.
O parque de Torrado foi onte escenario de como lle importa ben pouco a o noso Concello que se tiren centos de litros de auga co único propósito de de recaudar cartos por parte de unha asocición “allea” ao Concello.


A Asociación Cultural e Xuvenil Retranca organizou onte o chamado Aquaplay, consistente en varios xogos coma un deslizador acuático unha piscina e unhas bolas xigantes onde se metían os críos e xogaban dentro de outra piscina.
Pois ben a xornada empezou sobre as 4 e media da tarde e rematou cerca das 9 da noite e durante todo ese tempo duas mangueira como as da foto do marxe non deixaron de verter auga cara as canaletas. Non calculamos a auga que foi polos sumideiros durante preto de 5 horas pero malgastar calquer cousa nos tempos que corren parece un insulto a os cidadáns aos que selles esixe que non malgasten auga.


Coma sempre as normas non van con eles. As autoridades pídennos esforzos, pero eles pasan de todo, e o que é peor "pasan do povo".
Non estamos en contra de toda actividade lúdico-festiva para os nosos rapaces pero sí estamos en contra do despilfarro a conta dos petos dos veciños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.