Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2012

MEDIO RURAL DALLE A RAZON O BNG?






O B.N.G. De Cambados ven de recibir estos dias contestación da sua queixa formulada ante a Xefatura Provincial de Medio Rural e do Mar sobre a transformación en viñedo das fincas que que forman o Pinal de Maza.

Imaxe aérea (despois)

Nese escrito presentado polos nacionalistas pedían que se abrise un expediente sancionador polas irregularidades do proxecto.
A resposta cando menos resulta chamativa pois dise que ese organismo non ten constancia de transformación en viñedo do Pinal. O “positivo” da contestación é que de producirse eses cambios, de uso forestal a agrícola, sin a sua autorización sancinarían ao promotor.

Polo tanto e tras o que todos vemos que ocorre no devandito Pinal de Maza podemos deducir que as obras foron feitas sin os permisos pertinentes. Para demostrar esas obras o B.N.G. Mandou outro escrito acompañado de duas fotografías. Unha aérea que data deste mesmo mes de agosto e na que se aprecia a falta de arbolado e aparecen postes aliñados para a futura platación de viñedo e que demostra que si houbo cambio de usos forestais a agrícolas.
A outra imaxe procede do sistema Sixpac (unha base de datos oficial que identifica as parcelas agrícolas) e na que pode verse a situación da parcela inicialmente, recuberta masa vexetal formada por pinos, carballos e sobreiras.
Os nacionalistas aseguran que Cancelo C.B. E Dismaterra S.L. as empresas promotoras so tiñan permiso para a tala e desbroce de terreos e non para o movemento de terra como así se fixo.
Imaxe aérea (despois)

Polo tanto pide o B.N.G. “que demostradas as irregularidades” abra expediente sancionador as empresas promotoras.

Pero cecáis habería que ir un pouco máis lonxe e denunciar por prevaricación a todas as autoridades que afirmaron que a obra contaba con todos os permisos pertinentes demostrándose que non era así.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.