Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de enero de 2013

A CABALGATA DE CAMBADOS FAISE PESADA






Coma todos os anos o Concello de Cambados organiza a Cabalgata de Reis cada 5 de xaneiro e como cada ano hai cousas que non varían.
Algo que non varía e o recorrido, bueno eso variou fai uns anos cando polo tamaño das carrozas houbo que desplazar a cabalgata pola avenida de Madrid cando sempre ía pola rúa Príncipe.

A saída será dende a Praza de Fefiñáns dirección avenida de Madrid para logo baixar pola av. de Vilariño pasando por diante do Concello e logo coller ata a escalinata de San Tomé pola av. de Galicia e Catro Camiños, eiquí hai tamén un pequeño troco. No asilo farán a longa parada que desespera a os cativos e a os pais, sobre todo se chove ou vai frio, algo normal nestas datas.
Trala visita dos Reis a o asilo dirixirase a comitiva cara a Praza do Concello para que os pequenos poidan estar uns intres coas suas Maxestades.

Dende CORES DE CAMBADOS propoñemos que se varíe o itinerario para facer a cabalgata menos pesada. Esta sairía dende a escalinata de San Tomé despois de que os Reis xa fixeran a visita a os anciáns do asilo e así os rapaces non terían que agardar tanto tempo nesa parada. Despois dirixiríanse ata Fefiñáns pasando por Catro Camiños, avenida de Galicia, praza do Concello e dende alí poderáse ir por beiramar e av. Da Coruña ou ben pola av. De Galicia, av de Madrid e o retorno cara o Concello pola ruta diferente a de ida.
Pensamos que sería máis amena, recorrería máis rúas e non habería paradas que o único que fan e aburrir a xente. Outra variante sería que os Reis recibiran a os cativos na Praza de Fefiñáns, un lugar moito máis amplo que a Praza do Concello e non voltar ata alí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.