Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de enero de 2013

LOUZÁN, OU COMO "FACER AS CONTAS POR MUROS"





"Facer as contas por Muros" e un dito moi galego e que quere dicir de alguén que a hora de facer números fainos sempre para saír favorecido dunha maneira ou outra. Algo que fai Louzán pedindo austeridade e facendo que o crean os seus acólitos, pois a o resto non nos convence.

O presidente da Deputación de Ponteveda, Rafael Louzán, explicou este luns os orzamentos do organismo provincial ante a Comisión de Facenda do Parlamento de Galicia e 'vendeu' unhas contas que apostan pola "racionalización do gasto" mentres os partidos da oposición lle reprochan que pon en marcha unha política totalmente contraria e de "prácticas caciquís".
Louzán explicou na Cámara que os orzamentos da Deputación para 2013 se redactaron sustentados en tres eixes e "obxectivos fundamentais": rigor orzamentario, reforzo da cooperación cos concellos e compromiso social.
Para logralo, explicou que "contamos cun orzamento consolidado de 148,5 millóns de euros, que supón un 2,7 por cento menos que no anterior exercicio, pero que non nos vai impedir investir e impulsar medidas orientadas a afrontar a actual situación".
Así, a pesar da redución de ingresos, "contaremos cun aforro neto de 38,2 millóns de euros e destinaremos a investimento público nos concellos 50 millóns de euros". 
O presidente provincial defendeu na comisión que a Deputación cumpre "co rigor orzamentario e a austeridade"(Pousadas) e indicou que "neste apartado, cómpre salientar os pasos dados para o adelgazamento da Administración, coa supresión de 7 organismos autónomos que se integran na estrutura da Deputación, o que suporá un aforro de un millón de euros".

"Hoxe, máis que nunca, esta racionalización e control do gasto faise indispensable, se queremos garantir o futuro. Malia todo, de pouco ou nada valería, se non fose acompañado de medidas orientadas a dar resposta aos problemas e demandas dos cidadáns, a poñer as bases para o crecemento e a impulsar o benestar social", indicou.
Pero as críticas desde a oposición non tardaron en chegar. O portavoz do PSdeG-PSOE, Abel Losada, acusou a Louzán de converter a Deputación "nunha ferramenta ao servizo do partido". Denunciou que o PP fixo do ente unha "institución prescindible e irrelevante para as necesidades da provincia pero útil e imprescindible para vostede, para o PP e para Feijóo polas súas prácticas caciquís".
Neste sentido, tras destacar o aumento do gasto corrente, a caída dos investimentos ou o alto nivel de débeda da institución, Losada salientou a "necesidade de controlar os gastos" porque a Deputación "ten que ser un mecanismo para axudar na solución dos problemas dos cidadáns”, e esixiu maior control das transferencias correntes, mentres acusou ao PP de utilizalos como “chuvia fina para comprar vontades".
Por iso, Losada denunciou que o obxectivo do PP é "volver ao século XIX, cun estado centralista e centralizado e unhas institucións provinciais que suplantan aos concellos, despois de afogalos con competencias impropias”. A estratexia do PP, di o voceiro socialista, “consiste en caciquear de verdade de cara ás eleccións municipais, utilizando as deputacións como instrumento político de primeira orde ao servizo do PP e non dos intereses xerais da provincia e dos seus habitantes".
Pola súa banda, desde a bancada do BNG, a deputada Carme Adán advertiu ao presidente da Deputación que o único aforro e austeridade que se pode dar na estructura da administración local é o da supresión destes organismos, non  reforzar estasestructuras "obsoletas" e "recentralizadoras".
Carme Adán lamentou que Louzán falara como "profeta dun novo mundo" cando a realidade dese "novo mundo" na provincia de Pontevedra é a de "menos liberdade, menos democracia e máis empobrecemento", pois recordou que se trata da provincia que está a cabeza no índice de paro, con máis de 110.000 desempregados ao remate de 2012.
Ademáis, a deputada do BNG lembrou que de todos os recursos transferidos pola Xunta, a Deputación de Pontevedra só adicou unha parte mínima aos concellos, unha estratexia que vencellou á súa intención de "baleiralos de competencias, evitar que xestionen servizos, como os servizos sociais, como o servizo de teleasistencia a maiores, porque o PP ve aí nicho de mercado para poder privatizar e mercantilizar todo o que ten a ver con ditos servizos sociais".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.