Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2013

MUSEOS CERRADOS DISTINGUIDOS POLA SUA CALIDADE TURÍSTICA












Pensar que os catro centros da Rede de Museos de Cambados e a oficina de información e turismo municipal renovaron o distintivo «Compromiso coa calidade turística», que substitúe á Q de calidade, que concede a secretaría de Estado de Turismo, Lévame a pensar que otorgar premios e bastante sinxelo. Catro museos dos que tan so(o Museo do Viño) un permanece aberto continuamente. Os outros tres é dicir a casa de Cabanillas, o Muiño da Seca e a casa  do Pescdor permanecen pechados todo ou case todo o ano. 

Para acceder a eles tes que pedir cita e os turistas que veñen por dous ou tres dias non poden velos.Cambados mantén desde hai sete anos este distintivo o que o converte no concello da provincia de Pontevedra con máis galardóns deste tipo, segundo informa a prensa. Para iso, os centros tiveron que adaptarse a un manual de boas prácticas en ámbitos tan diversos como novas tecnoloxías, limpeza, atención ao público e imaxe corporativa, entre outros.Dende logo entre esas prácticas non debe estar que os museos estean abertos para poder ser visitados. Máis ben parece que ser amigos dos de arriba chega. 
Da Oficina de Turismo pouco que decir pois si está aberta todo o ano, o peor é que as veces uédase pequena debido a afluencia de turistas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.