Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de febrero de 2013

RAJOY "A TROTONA" DE PONTEVEDRA SEGUNDO A WIKIPEDIA EN INGLÉS






Dende esta fin de semana, a entrada en versión inglesa da Wikipedia ofrece un tratamento ofensivo cara a figura do presidente do Goberno español, o pontevedrés Mariano Rajoy. A definición da web da enciclopedia libre máis popular fai referencia ao máximo responsable da Moncloa como "Mariano Rajoy Brey, also known as Trotona de Pontevedra". E a continaución engádese a pronunciación do nome e dese alcume, La Trotona de Pontevedra, que lle adxudican. "(Spanish pronunciation: [maˈɾjano raˈxoi βɾei], Spanish pronunciation: [Tɾo'tona dˈ Ponteˈβeðɾa]". Todo indica que se trata dunha intervención dun troll, un internauta que publica mensaxes provocativos con diferente tipo de contido como groserías, ofensas ou mentiras difíciles de detectar, coa intención de confundir aos lectores. Wikipedia recibe 31 millóns de visitas diarias pero sempre ten recibido críticas pola súa falta de fiabilidade.
Non é o primeiro ataque neste sentido que sofre o presidente do Partido Popular. En Facebook existe unha páxina titulada La Trotona de Pontevedra creada en maio de 2009 e con máis de 1.200 apoios.
O que resulta curioso en ámbolos casos é que, polo momento, dende as filas do Partido Popular non se denunciou nin se ten corrixido estas entradas nas que se fai referencia á vida privada de Mariano Rajoy. Segundo diferentes paxinas web, o alcume mesmo tería a súa orixe dentro do propio partido conservador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.