Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2014

AS INCONGRUENCIAS DE ARAGUNDE


A Association of Significant Cemeteries of Europe (ASCE), a petición do Concello de Cambados, incluíu as Ruínas de Santa Mariña Dozo (século XV) na súa rede de organizacións públicas e privadas que velan pola preservación e a posta de valor dos cemiterios europeos para que sexan considerados como se merecen dada a súa importancia histórica e/ou artística. A páxina web de ASCE (http://www.significantcemeteries.org/) contén xa a información sobre este monumento, un dos máis visitados e apreciados do Conxunto Histórico de Cambados.

Vaia por diante que para CORES DE CAMBADOS e unha enorme satisfacción que o cemiterio entre neste clube. Pero.............. 
A propósito desto haberá que recordarlle ao alcalde que hai cerca dun mes que dixo que o cemiterio non era municipal polo que non se podía facer cargo do seu mantemento.


Agora xurden varias cuestións.....
1/ Si non é municipal con que autoridade preséntase a un proxecto sin a autorización dos donos? Acaso un particular vai a propugnar que a casa dun veciño sea declarada tal ou cual sin a autorización do propio veciño?
2/ Acaso xogamos a duas bandas? Conseguimos cousas pero quen ten que coidalas é o cidadán. Saco peito na foto e rédito electoral.
3/ Que ten que decir a igrexa?. Recordemos que o cemiterio tampouco pertence a igrexa. 
4/ E o que é máis importante. Acaso pretenden separar as ruínas de Santa Mariña do cemiterio. Por moito que queiran todo é un.

Ao unirse a esta asociación, Cambados incorpórase á ruta europea de cemiterios singulares, para dar a coñecer e preservar este fermoso conxunto de Santa Mariña, monumento nacional desde 1943 e un dos máis belos camposantos do mundo tal e como o describiron escritores como Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro, entre outros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.