Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2014

MÁIS QUE PALABRAS POR UN POSTO DE TRABALLO


Foto de "A ti meu

Cambados"

Todo o que ides leer agora é fruto da imaxinación dun colaborador de CORES DE CAMBADOS, todo parecido coa realidade é pura coincidencia. 

Parece ser que houbo mais que palabras as portas do noso Concello a semana pasada. Resulta que un dia entrevistaron a preto de 50 persoas para 12 postos de traballo. Suponse que estas persoas entrarán cara o verán.
Ao dia seguinte expuxéronse as listas e foi cando os ánimos dalgúns aspirantes subiron de nivel ao ver a varios elixidos nas listas que fai pouco que traballaran xa no concello e a familiares directos de ex concelleiros.
Que varios aspirantes dos cerca de 50 que eran, xa estiveran non fai moito a taballar no concello fixo que outros aspirantes teméranse o peor, detalle que se confirmou unha vez publicadas as listas.
CORES DE CAMBADOS non ten nada en contra da xente que entra a traballar no concello, pero sí da forma pola que entran. Algo habitual neste e noutros povos pero como cambadeses deberíamos tomar nota dunha vez e poñer a cada un no seu sitio. Por desgraza, repetimos nin é nin será a derradeira vez que esto suceda.
Coma sempre a culpa de todo botaranlla ao Servizo Público de Emprego (antigo INEM), por mandarlle a eses aspirantes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.