Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2014

PAGAREMOS OS CAMBADESES UN FESTIVAL "PRIVADO"?




Onte celebrouse en Cambados o XXII Festival Folclórico, no Parque de Torrado, organizado pola grupo "Con de Xido" e que contou coa presenza de varios grupos máis, convidados polo grupo cambadés. Ara aquí todo máis ou menos normal. Decir que a afluencia de público foi baixa tendo en conta que descontando a familiares dos membros dos grupos foráneos non habería máis de 100 persoas.


O que nos chama a atención é que para un evento organizado por unha asociación allea ao Concello haxa "colaborando" no acto 6 traballadores do mesmo. A saber, un "técnico de son", un "colocador de micros", unha presentadora, duas rapazas para todo (poñer a mesa para a merendola final, avituallamento dos gaiteiros, controlar e vixiar e "palmeiras" do alcalde), un encargado da loxística, (cadeiras, medios técnicos e ornamentais.....). Aparte contar co operario que pola mañán se afanaba en limpar o recinto para a ocasión. De non celebrarse o festival non se limparía, e a merda botando por fora das papeleiras, xa o dia anterior. A todo hai que engadir a montaxe do escenario, privilexiados os de "Con de Xido" que gozan do sobrante do escenario do Salón Peña, tres empregados polo menos que viron os meus ollos.

Preguntámonos, cobrarán horas extras esta xente que onte perdeu parte do seu domingo "axudando" no festival?
Canto nos costará ao cambadeses un festival organizado por unha asociación "independiente"?
Realmente é necesaria a presenza de tantos operarios?
Recordo un evento no que eu participei como parte organizadora e no que a axuda do Concello limitouse a deixar o local e prestar  algún material. Eu mesmo tiven que colocar as luces e os asentos.


"Con de Xido" non ten membros que poidan ocuparse da loxística. O concello posía ter deixado os asentos na parte cerrada de Torrado e despois os membros do grupo co seu presidente á cabeza facer o reparto.

Comentaba alguén que se atopaba alí cos seus fillos que parece ser que esta agrupación está moi vencellada ao PP local e polo tanto por aí ven a desinteresada colaboración entre "Concello" e grupo.

Eu so deixo esas preguntas no aire e se alguén sabe as respostas que as comunique.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.