Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2014

UNHA PEDRA NO CAMIÑO




Hai uns dia aparecía no grupo de facebook "FOTOS DE CAMBADOS"  a fotografía dunha "pedra" tallada con unhas letras. 

A raíz da publicación os comentarios sobre que podía ser non se fixeron agardar. 

"Parece un Miliario Romano, se colocaban al borde de las calzadas romanas para señalizar las distancias cada mil pasos, había uno detrás de La Pastora, el camino hacía Monterrey, al asfaltar desapareció, tal vez sea ese..." comentaba un membro, " Es un Miliario Romano, lo llevo viendo hace años... muy importante...No sé si estará catalogado como tal y creo que poca gente lo conoce..." respostaba outro, e un terceiro confirmaba a ubicación actual da pedra " Está en el lateral de la muebleria Vilas Stilo y antes estaba en el camino de la Pastora a Monterrey".

Postos en contacto con dous expertos no tema desbotaban case por completo que se tratase dun miliario, sinalando que podería ser un ara romano  dada a sua primeira ubicación, (moi preto das ruínas de Santa Mariña) ou un marco máis recente que da época romana. 

No que sí coincidían os entendidos no tema é en que, non é de recibo que esté nese lugar, contra un muro, embutida no asfalto. "Que pode vir calquera coche e reventala peza", decía un deses amigos expertos.

Sexa como sexa ao igual que a "pedra" os cambadeses damos contra un muro (Concello) no que se refire ao estudo do patrimonio cambadés e a sua historia.
Un concello que prefire publicitar antes un libro de fotos dunha editorial foránea que difundir un libro sobre a historia de Cambados escrito por un cambadés.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.