Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2014

AS AUGAS BAIXAN REVOLTAS NO XUVEN






Defender a praza na LEB Prata encarécese, e moito, tralos acordos adoptados na Asemblea Xeral da Federación Española de Baloncesto en Madrid. O máximo órgano do ente federativo aproabou a nova estrutura e calendarios das competicións de clubs baixo o seu cargo. E no caso da LEB Prata, ademais de confirmar o paso de 13 a 16 equipos, un tope perseguido  xa o pasado verán sen sorte desde os despachos da capital, ratificouse o retorno aos catro descensos, directos, ao término da próxima edición da Liga, a da tempada 2014/15.
Desde a FEB fixan o 4 de xullo como prazo límite para a inscripción dos equipos na LEB Prata, incluíndo o pago da metade dos 20.000 euros da cota e a presentación do aval de 60.000 euros por participar, ademais de parte do custo do arbitraje. O Xuven, adiantou onte o seu presidente, Jorge Castiñeiras, ten esa parcela económica xa resolta.

Pero os problemas do Xuven son outros. 
Xa o ano pasado tiveran problemas porque o seu adestrador esixía ter sesións de entrenamento pola mañán, algo ao que algúns dos xogadores non estaban dispostos a aceptar pois os seus traballos ou outras ocupacións non lles permitían eses horarios. Ao final todo foi arranxado i eses xogadores fundamentais asinaron a renovación.
Agora algúns deses mesmos xogadores non queren renovar por non estar dacordo coa política do seu adestrador, agora por outro motivo bastante máis complicado. 

I é que os xogadores acusan a Yago Casal de preparar de antemán os minutos que cada xogador vai xogar en cada partido. Algo inaudito no deporte da canastra, toda vez que ninguén pode preveer como se vai desenrolar un partido en calquer deporte e moito menos neste, donde pode pasar de todo nun mesmo partido.

Algúns siareiros protestaron este ano pola escaseza de minutos de certos xogadores, un sobre todo, pois en partidos nos que facendo un bo papel, era substitído e non voltaba a xogar. A razón é sinxela, xa cumprira cos minutos establecidos con anterioridade.

En fin, agardemos que todo se arranxe polo ben do Xuven e de toda a afección. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.