Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
24 de junio de 2014
CULTURA NO CAMIÑO MUDA A CULTURA CON INVITACIÓN
O vindeiro venres o patio de armas do pazo de Fefiñáns, unha vez rematado o desfile de Eva Soto, acollerá unha actuación da cantante María do Ceo que poderán contemplar en directo unhas 400 persoas, situadas a ambos lados da pasarela de moda. As invitacións para asistir ó evento pódense adquirir no departamento de Cultura do Concello.
Esta actuación está encadrada nos actos promovidos desde a Xunta baixo o título "CULTURA NO CAMIÑO".
Resulta cando menos curioso que a cultura en Cambados se acote so a 400 persoas. O marco é fermoso pero a praza de Fefiñáns, e non imos descubrir a pólvora, é o lugar dende hai anos no que se fan concertos promovidos desde o Concello ou outras institucións públicas. Máis capacidade, cultura máis espallada.
Ao ser un lugar acotado, xente con rapaces que non teñen o aguante dun adulto, non poderán ver a María do Ceo aínda que so sexan dez minutos.
Así entende por cultura o sr alcalde de Cambados.
Pero o mesmo vai para o desfile.
Non pode ser que un desfile coma este no que dunha vez por todas a Eva Soto faráselle o recoñecemento na sua terra e os que non coñecen os seus deseños podan coñecelos se faga so para unhas 400 persoas.
Un problema engadido..... os que non queiran quedarse ao concerto tralo desfile de moda negan a posibilidade de poder disfrutar de María do Ceo a outras persoas?
Outro problema é que os medios presentes o dia da presentación destes actos non pregunta o porqué de que se fagan nesta localización e non noutra. O alcalde tampouco o di e na web do concello tampouco. Cecáis haxa unha razón de peso e nos criticando a ineptitude e o mal manexo da situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.