Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de agosto de 2014

O PASEO QUE CAE A ANACOS







 
 Que diferencia hai entre a foto de arriba e a de abaixo? Pois varias mareas e dias entre unha e outra.
Portos de Galicia anunciaba hai escasamente 15 dias a necesidade de potenciar o Porto Deportivo de San Tomé. 

Pois ben non son capaces de poñer dunha vez por todas as barandillas do paseo marítimo dende o muelle de Cambados ata San Tomé, nin arranxar as escaleiras que vemos nas imaxes e outras máis que están nun deficiente estado e van potenciar un Porto Deportivo que coa marea baixa non se pode usar.

 A responsabilidade do mantemento desas barandillas é de Portos de Galicia, que hai   de menosdous investiu uns 30.000 euros en reparaciones dese tipo.

A empresa encargada de tal reparación e da mesma persoa que fixo a batea de "La Vuelta" o barco "Tragove" e varias obras máis con varias institucións, desde a Deputación a concellos e mesmo a Xunta.
Nin o Concello nin a Diputación de Pontevedra nin Portos fixeron público o contrato para o mantemento do paseo marítimo que no seu día se adxudicou a esta firma.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.