Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2014

HOLY NIGHT DE JUAN GALIÑANES SERÁ ESTREADA EN CAMBADOS





A Xuventude será o escenario no que se presentará «Holy Night», unha  longametraxe de animación dirixida polo cambadés Juan Galiñanes. Será o 7 de novembro cando os veciños da localidade poidan ver, en primicia, esta cinta. Para poder acceder a estrea será  obrigatorio recoller un convite no departamento de cultura do Concello.
A pesares das circunstancias  conxuntura económica nas que se se viu envolta a cinta, todo ten unha parte positiva, explicou o seu director. “Me sinto contento porque doutra maneira non sería posible que esta primeira vez fose non meu pobo, rodeado dos meus amigos”, argumentou.
A película non conseguiu ser estreada en España, por falta de orzamento, pero si que se presentou en Estados Unidos. Agora, os propietarios dos seus dereitos tratarán de publicitala de forma directa nos cines da comunidade ou en colexios e municipios.
 «Holy Night» é unha historia navideña ambientada en Noiteboa. No salón dunha casa na que conviven dous mundos: o da árbore de Nadal con Papá Noel e o do Belén cos súas figuriñas. De súpeto saltan as alarmas, porque o trineo de Papá Noel desapareceu e o Neno Jesús foi secuestrado. Todos deberán colaborar para que o Nadal poida celebrarse. 
«Poucas veces imos ter a oportunidade de acoller unha estrea coma este», asegurou o rexedor, Luís Aragunde, quen se mostrou encantado con esta iniciativa «poder acoller a súa estrea e fantástico  porque é obra dun fillo deste municipio».


Fonte:Concello de Cambados
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.