Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de enero de 2015

CAMBADOS NON QUERE QUE SE EMPREGUEN CARTOS PÚBLICOS NA REPARACIÓN DO CRISTO






Desde hai tres dias o xornal "La Voz de Galicia" ten na edición dixital colgada unha enquisa sobre o arranxo do Cristo das Ruínas de Santa Mariña.
A pregunta é algo, por non decir moi enganosa.
¿Está a favor de que se utilicen fondos públicos para restaurar o Cristo das ruínas de Santa Mariña?, cando a verdadeira pregunta que se debería facer trala polémica levantada sería .....¿Está a favor de que se utilicen fondos do Concello para restaurar o Cristo das ruínas de Santa Mariña?.
O resultado a dia de hoxe é claro, un 79% dos votos están en contra de que se gasten cartos públicos no arranxo, mentras o 20% está a favoe e o 1% tanto lle ten duntotal de 90 votos.
Penso que poucos ou ningún veciño está en contra da reparación da talla que ten máis de 100 anos. A polémica suscitouse porque nin cemiterio nin Ruínas pertencen ao concello, pero sí a Igrexa e a Patrimonio.. O concello non debería ter que gastar un euro dos impostos dos veciños en algo que non é propiedade dos cambadeses. 
As novas que marcamos a continuación e que se publicaron na web da Xunta amosan que se poden facer as cousas doutro xeito.

*O conselleiro de Cultura e Educación anuncia novas actuacións no Mosteiro de Melón, coas que o investimento da Xunta neste monumento se eleva a máis de 2,1 millóns de euros.


Despois de ler estas novas na web da Xunta temos máis que claro que xa que o Concello comezou todo esto ten que rematalo buscando cartos noutras institucións e aforrar ese investimento, que non ten, noutras cousas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.