Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de enero de 2015

PROGRAMA DE ENTROIDO CAMBADOS´15






Cambados celebrará dende o sábado 14 ao mércores 18 de Febreiro o popular Entroido, cunha variada programación destinada ao desfrute de nenos e maiores.

Sábado 14 de Febreiro, a partir das 16.00 horas no parque do Torrado terá lugar a Festa Infantil de Entroido, con animación, música, inchables, karaoke, desfile de disfraces, talleres de maquillaxe e globoflexia.

* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

Domingo 15, Domingo de Entroido. Nesta xornada nenos e maiores poderán gozar co Desfile de Carrozas

 16.00 h Na Escalinata de San Tomé recepción das carrozas engalanadas inscritas no concurso así como comparsas e grupos disfrazados que participen no desfile. 
17.00 h Desfile das carrozas acompañadas da música da Charanga Os Jaláticos e o Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé.
– Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Paseo da Calzada – Praza do Concello. O desfile será retransmitido polo showman Pepo Suevos que estará acompañado da música da Orquestra Gran Colisseum de Cambados.
18.30 h Entrega de premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase entrega da gratificación de 200€ ás carrozas e ás comparsas, e de 100€ ás maquetas pola súa participación
En caso de choiva, suspenderase o desfile para unha próxima data e se realizará unha festa de Entroido no Salón Peña.

Luns 16, Luns de Entroido. Entrada a tarde o Salón de Congresos e Exposicións JPeña acollerá a celebración do Baile de Entroido Infantil, con animación musical e premios de ata 150 euros para os mellores disfraces nas categorías individual, parella e grupo. A partir das 17.30 horas comezará, no citado lugar, o Concurso de Filloas no que se outorgarán premios de 100 euros para as filloas máis saborosas e para o equipo máis rápido.




Martes 17, Martes de Entroido. A partir das 17.00 horas dará inicio o Desfile de Carrozas, dende a escalinata de San Tomé. O percorrido do desfile finalizará na praza do Concello, lugar onde se celebrará a festa amenizada por Studio 21 e o Concurso de Disfraces, presentado por Pepe Suevos, que estará dotado con premios de 250, 150 e 100 euros aos mellores disfraces nas categorías individual e grupos.
* En caso de choiva o concurso trasladarase ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.
Mércores 18, Mércores de Entroido18:30 h Na Praza do Concello Degustación de doces típicos de Entroido elaborados polas asociación de Amas de Casa “Albariño” de Cambados. 19.00 h Lectura do sermón e marcha funesta dende a Praza do Concello ata a praia de San Tomé para enterrar ao Pequeno Nicolás. O presbítero que se atope de garda fará lectura dos correspondentes responsos e daralle a extrema unción antes de que pase a ser pasto do lume purificador. As exequias e os diferentes actos convócase ás forzas vivas, viúvas e viuvos alegres, carpideiras, boys, gogós e todos os que o queiran despedir. As marchas fúnebres serán divertidas e irreverentes amenizadas pola Charanga Os Rouba Bicos.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.