Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2015

AS EXPLICACIÓNS DESDE O CONCELLO SOBRE AS TAXAS DO LIXO NON CONVENCEN



Hoxe leemos na prensa en palabras da interventora municipal que os hoteis con cafetería aberta ao público en xeral e non só para uso exclusivo dos seus hóspedes han de pagar tamén a taxa de recollida e tratamento de lixos por esta actividade, pero que en ningún caso deuse unha duplicidad no cobro de impostos de lixos.  
A nova saltou trala publicación de CORES DE CAMBADOS da nova sobre duplicidade de taxas que afectaba a varios establecementos hoteleiros e que o Psoe levara as queixas ao Concello.
Desde a administración local defenderon onte a lexitimidade do cobro do imposto, sinalando que así o recolle a ordenanza de recolleita de lixo a cal regula o cobro da taxa por actividades económicas e destacando que así tamén se recolle nas normativas da maioría de concellos pontevedreses.

Sigue explicando a interventora, algo que chama a atención dos hoteleiros, é que todo esto procede dunha inspección realizada en 2013 na que se detectaron hoteis con cafetería de acceso ao público en xeral e que só estaban pagando a recollida de lixos como hotel. É algo extrano siguen decindo os hoteleiros contrarrestando a información dada desde o Concello, que os embargos que chegan aos hoteis sexa de anos anteriores ao 2013 e que non se recibiran esas facturas nin as posteriores en tempo e forma ata o de agora. A partir de aí e, segundo fontes municipais, nomeando á Intervención municipal, comunicóuselles por escrito aos propietarios que debían abonar esa taxa tamén pola cafetería. Algo que os hoteleiros negan.

Esixir o pago deste imposto a uns hoteis con cafetería aberta e non a outros suporía un agravio comparativo e unha inxustiza?, engadiron desde o Concello, algo lóxico e que todo o mundo entende ou debería de entender.

Respecto ao cobrador, o Concello indicou que a xestión do imposto está delegada no Oral e "...non existe duplicidade algunha non cobro do mesmo. Unha actividade, un pago; dúas actividades dous pagos". Como exemplo puxeron o caso dunha bodega con restaurante, que suma dúas actividades ou o dun hotel con salón de banquetes, mentres que un hotel con comedor exclusivo para hóspedes, CONTA como unha actividade.



Resulta extrano tamén que na ORAL informen de que os recibos estén pagos e remitan aos hoteleiros ao Concello e o Concello diga que os cobros fainos a ORAL. En que quedamos? pregúntanse os propietarios.

Estas non son as primeiras queixas da hostelería cambadesa, so hai que lembrar a problemática das terrazas no Albariño, na que segundo os hosteleiros algúns teñen que pagar, aparte do que pagan todo o ano, as terrazas neses dias de festa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.