Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de febrero de 2015

OS SOCIALISTAS LEVAN A PLENO O ROUBO DO IMPOSTO DO LIXO






A formación que lidera Fátima Abal preguntará no concello cal é o motivo polo que aos hostaleiros lles está a chegar un novo recibo do lixo polas cafeterías dos hoteis, coma se estas fosen un negocio aparte e non formasen un conxunto con ditos hoteis. Un recibo, ademáis, que se está a cobrar con carácter retroactivo, algo a todas luces inxusto.
Segundo a voceira socialista: “unha vez máis, é indignante a forma que ten de facer as cousas este concello, actúa cun despotismo inaudito, estamos escoitando cada día casos de hostaleiros aos que lles chegan recibos do lixo por duplicado, e incluso en forma de atrasos. Por eso, preguntaremos cal é o motivo destes recibos, os cales ademáis son emitidos polo propio Concello en lugar de pola ORAL que é quen ten esa potestade”.

Os socialistas esixen que o concello dea a cara e se explique, en lugar de agocharse como fai habitualmente. “Os veciños e veciñas están xa cansos deste escurantismo, temos un alcalde que por un lado presume públicamente de transparencia, unha transparencia que na realidade non existe, e por outro lado sube impostos de forma completamente irregular, xa que os hostaleiros xa estaban pagando ata o de agora o que lles correspondía. Ademáis, cando algún afectado pide que lle expliquen que é o que acontece, négaselle esa información. Parece que o Concello anda unha vez máis a dar bandazos, como se pensaran que a xente non se ía enterar desta duplicidade impositiva”.


Fátima Abal afirma que “non se entende a que ven este contínuo maltrato aos sectores que moven a economía local, cando o que precisa o noso pobo é xustamente o contrario, necesítase potenciar a nosa economía en lugar de asfixiar con impostos e con incertidume aos sectores productivos, os cales necesitan unha claridade que este goberno municipal é incapaz de garantizar”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.