Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de marzo de 2015

CAMBADOS PODE PRESENTA 14 COMPROMISOS POPULISTAS E SEN CONTIDO






A organización política que pretende presentarse aos veciños de Cambados como unha candidatura cidadán, Cambados Pode, veu de presentar públicamente unha serie de propostas políticas, mesmo se quera antes de facer unha asamblea aberta aos veciños de Cambados, e que estas propostas foran aprobadas polos participantes na mesma.
As propostas que presenta Cambados Pode imos analizalas unha por unha e ensinar como demostran unha gran ignorancia e populismo nas mesmas, xa que pretende decirlle os veciños de Cambados que vai aplicar medidas que non son competencia dun concello e polo tanto non se poden aplicar.


1.- Non habera pacto de goberno: Fala que non vai darlle o apoio explícito ao PP ou a calquera outra organizacion para que sexa elexido alcalde, pero claro non apoiar a ninguén tamen quere decir que vai apoiar a lista mais votada, xa que si nun concello non se chega a un acordo entre as distintas forzas para que saia elexida unha coalición, automáticamente pasa a ser alcalde a lista mais votada en minoria, e como a realidade electoral xa se sabe que a lista mais votada vai ser a do PP, logo votar a Cambados Pode indirectamente supon votar o PP para a alcaldia.
2.-Reducción Salarial dos cargos electos un 25%: Tendo en conta co salario do alcalde supera os 40.000 € e que a renta media dos cambadeses apenas supera os 15.000 €, con esta medida o cargo publico duplicaria a renta media do que gaña un cambadés, polo que a pesar de darlle a benvida a unha medida como esta, creemos que polo menos antóxasenos insuficiente.
3.-Un Alcalde ao servicio dos veciños: Se pretende como alcalde cobrar o doble do que gañan a media dos cambadeses uns 30.000 €, que menos que se adiqueo cen por cen ao servicio dos veciños e que os poida atender durante toda a sua xornada laboral, non un horario semanal como nos pretenden vender.
4.- Auditoria das Contas: Demostra que non teñen moito coñecemento da contabilidade pública e do sistema de control existente nas administracions públicas, xa que están auditadas internamente pola interventora municipal e a través do Consello de Contas, polo que simplemente consultando os reparos de intervención que neste concello son por desgracia moitos, xa tería toda a información que pretende poñer a disposición dos veciños, o importante e que os expedientes se fagan públicos e que Cambados teña unha maior transparencia.

5.-Consulta previa os veciños: Que entendemos por proxectos significativos? Ademais de nada vale consultar se esta consulta non e vinculante. Fala tamén de ir acompañado dun estudio de viabilidade, cando todos estos proxectos por lei teñen que ir acompañados dunha memoria económica, polo que se volve a poñer en evidencia un gran descoñecemento do funcionamento das administracións locais.
6.- Baixada de Impostos Municipais: Ao mínimo legalmente establecido? Os impostos e o seu importe establecense a través das ordenanzas municipais e as taxas polo coste das mesmas, se o propio concello e o que fixa o importe dos impostos cal sería o Mínimo Legal se son eles os que van facer as leis se nos gobernan?
7.-Supresión do persoal de confianza do concello: Estamos de acordo, pero fala do asesor de prensa? O asesor de prensa non é un cargo de confianza, no concello de Cambados este tipo de cargos politicos remunerados son o Alcalde, o teniente de alcalde, o secretario persoal e o Asesor de protocolo, hai contratos temporais irregulares que xa adquiriron a condición de fixos como pode ser este caso e dos que hai moitos en Cambados, pero que non se poden despedir se non se saca a plaza a concurso de funcionario, xa que existen gran cantidad de sentenzas que obrigan a readmitir o traballador despedido cando ten os dereitos adquiridos.

8.-Apoio aos pensionistas: No que pretende establecer bonificacións que xa existen nas ordenanzas municipais, como a de recollida de lixo, suministro de Auga e Canon de Saneamento, non so a Xubilados se non a persoas en risco de exclusión social, o que demostra un gran descoñecemento das ordenanzas e da lexislacion vixente, o que fai falta e transparencia e informar destas bonificacions aos veciños de Cambados. Cousa que non fai o actual goberno municipal.
9.-Defensa da Sanidade Publica e Educación: Como vai eliminar o copago sanitario un concello se non ten esa competencia? Como vai crear un Plan Nacional de Educación se a competencia destas materias e de outras administracións? Esto semella vender fume, xa que non pode aplicar esta medida, ademais de que como farían para aplicalo? Devolverían o copago a calquera veciño independientemente da sua renta? Como vai mellor a Sanidade se non ten a competencia? A verdade e que falar non ten cancelas, pero prometer cousas que non se poden cumplir na politica parece que tampouco.
10.- Contra a corrupcion Transparencia: Chama a atención que nome tantos procesos de corrupción do partido no que foi concelleira a irmá do presidente do partido, fala de retransmitir os plenos dende internet, cando calquera veciño pode facelo, defeito gracias a iso pudose ver durmir un concelleiro nun pleno, para facer iso non fai falla entrar na politica local so gañas de facelo. Fala tamén da publicación web das contas do concello, algo que por lei vai ser obligatorio a partir do vindeiro 10 de Decembro coa lei de transparencia, ademais parece que non coñece o portal rendición de contas onde calquera persoa pode consultar as contas vencidas de calquera entidade publica.

11.- Boa xestion dos recursos públicos. Fala de gastos superfluos e despilfarros, moi ben e cales son? Fala de reducir a factura eléctrica mediante a colaboracion con empresas que fagan elas as inversións? A cambio de que van facer esas inversións? Como vai ser esa colaboración coas empresas? Medo nos da xa solo falta privatizar mais servicios e sen transparencia. Posta en marcha dunha sede electrónica do Concello de Cambados, cando na web 060 existe xa un punto xeral de acceso coa administración pública. Ao igulal que na oral e a empresa que xestiona o suministro da auga os veciños de Cambados, eses servicios xa existen o que pasa e que non se lles informa aos veciños de como facelo.
12.-Emigracion un novo modelo productivo: Que é a industria Resineira? Non habera sectores primarios en Cambados quedefender que andar a inventar novas alternativas que mesmo a inversión privada non acomete para que o fagamos con fondos publicos.
13.-Politicas Sociais: Canto? Como? Chamanos a atencion que fale de aumentar os fondos a unha única entidade, e o resto de entidades sociais de Cambados? Non existen ou so lle sonaba esa para poñer no panfleto electoral?
14.- Creacion de Emprego: Fala de crear emprego público cunha bolsa de emprego, se imos baixar os impostos de onde se van sacar os fondos para crear eses empregos, aumento da precariedade laboral con máis obradoiros de emprego? A solución para a crisis e que unha familia viva dos 420 € que lle van pagar traballando nestes programas?

Vender fume e descoñecemento do funcionamento dunha administracion publica, nin mais nin menos. Sempre nos quedará a Industria Resineira.


Por certo tiveron colgada unha proposta durante a fin de semana no seu faceboo e so conseguiron un "me gusta" como vedes na foto e pódese ver a data e a hora. Hai sair as rúas e falar coa xente. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.