Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2015

PORQUÉ NON ABREN AS POUSADAS DO SALNÉS NA SEMANA SANTA





A continuación podedes ler dous fragmentos de duas novas publicadas na web da Deputación Provincial sobre as Pousadas Do Salnés. Nestas novas non queda dúbida de que as Pousadas estarían abertas antes da Semana Santa. Visto que non será así so queda facer preguntas de cal é a razón do retraso.

A proximidade das eleccións municipais fai que se inauguren obras, se adianten convenios, se prometan novas obras. Pero se retrásase a apertura destes establecementos que costaron millóns de euros para que os establecementos privados non vexan mermadas as suas reservas de cara a estas datas?

Os datos de ocupación nas vísperas non son moi favorables, coa apertura das Pousadas poderían ser peores e visto o malestar que causan estas Pousadas en empresarios hoteleiros, é mellor retrasar a apertura para o verán ou despois de pasadas as eleccións?.

30-04-2014
A Deputación recibirá, en concepto de canon, o 11% dos beneficios que a empresa obteña da xestión das Pousadas, que abrirán como establecementos de 4 estrelas e baixo unha dirección única.
As catro Pousadas están xa completamente rematadas e só quedan pendentes pequenos detalles de acondicionamento do entorno dun dos centros, así como o amoblamento, no que a Administración provincial investirá 1,4 millóns de euros.
A adquisición do mobiliario sairá a concurso público e deberá ser publicado no Boletín da Unión Europea. Unha vez adxudicado e instalado, a empresa comprométese á apertura dos centros nun prazo máximo de 2 meses.
19-12-2014
As Pousadas do Salnés estarán completamente listas para a súa posta en funcionamento antes de Semana Santa. Así o manifestou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que anunciou a adxudicación, na Xunta de Goberno desta mañá, do mobiliario para estes establecementos.
A unión temporal de empresas, integrada por Suministros Técnicos de Galicia (SUTEGA) e Novavila Rías Baixas S. A., foi a gañadora do concurso, cun orzamento de 1.411.939,10 euros e un prazo de subministración do equipamento de 70 días.
Tendo en conta estes prazos e que nestes momentos están en execución os últimos traballos de acondicionamento e alumeado dos accesos, agárdase que antes de Semana Santa estean completas todas as infraestruturas e acondicionado o contorno para a súa posta en marcha por parte da empresa adxudicataria, do Grupo Hotusa.
Así mesmo, Louzán lembrou que na actualidade 42 mozos e mozas están formándose en hoteis de Alemaña e España no marco dos ciclos de FP Dual postos en marcha pola Administración provincial, a Consellería de Educación e a empresa, de xeito que tamén se disporía de persoal perfectamente formado para traballar nestes centros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.