Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2015

POLÉMICA POLAS IMAXES DO EXPEDIENTE ACADÉMICO DE FÁTIMA ABAL








Nun exercicio de non sabemos que, pero intuímos, certa bitácora local publica hoxe que Fátima Abal a través da sua páxina fixera público parte do seu expediente académico.

                                                     MENTIRA!!!!!




É o que ten publicar de oídas ou, non queremos pensar mal, acusar de forma velada a alcaldesa de estar detrás da páxina de Facebook, Un Novo Cambados que se caracteriza por ser a oposta de Así es Cambados a chamada páxina oficiosa da dereita cambadesa, e na cal xa se pudo ver publicado algún artigo de esta bitácora a que nos referimos.
Pois nada agardemos que siga nesa línea na que nunca ía caer este blogger de amplia experiencia.

Si a alcaldesa quere saír ao paso deses rumores está no seu dereito. Outros non o fan, quizás polo que teñan que agochar ou porque simplemente non lles parece necesario. Non todos temos as mesmas ideas sobre unha mesma cousa.

E ben é certo que para ser alcaldable en España o único requisito é ser residente en España, ou ser cidadán da Unión Europea segundo o previsto no parágrafo 2 do apartado 1 do artigo 8 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, como ben apunta a bitácora ou ser un nacional dun país que teña asinado un tratado con España que outorgue aos cidadáns españois o dereito de sufraxio pasivo nas súas respectivas eleccións municipais.

Pero parece que se esqueza dunha dito que corre polas ruas en época electoral e que dí "........ a donde vai fulanito/a sen estudios" e que creo que todos temos escoitado en máis dunha ocasión.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.