Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2016

CAMBADOS ORGANIZA O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE MARÍTIMO








Cambados pon en marcha a primeira edición do Festival Internacional de Cine Marítimo, FICMAR.
Unha iniciativa promovida por entidades culturais con patrocinios privados que pretende misturar o cine con referencias marítimas. 
Por eso, os organizadores non o dubidaron á hora de elexir Cambados para esta primeira convocatoria.
O Festival será de carácter competitivo e poderán concursar films tanto curtos coma longos, de todos os países e linguas do mundo, sempre que a súa temática fundamenteal sexa o mar .
O co-director do festival, Antón Mascato, e o Concelleiro de Cultura de Cambados, Victor Caamaño, foron os encargados de presentar o FICMAR.


O vindeiro fin de semana, o auditorio da Xuventude acolle o FICMAR, festival internacional de cine marítimo.
Este festival comezará o venres 15 ás 20:00 coa sesión de presentación do Cine Clube de Cambados. Intervirán o actor Ademar Silvoso, a co-directora do FICMAR Cruz Lopez e o concelleiro de Cultura Víctor Caamaño. Nesta primeira sesión será proxectado o filme UN FILM FALADO, de Manoel Oliveira (Portugal, 2003)
O sábado 16 será a sesión de presentación do FICMAR. Esta xornada será ás 20:00 e contará coa intervención da alcaldesa Fátima Abal, a cineasta e autora da obra “o cine en Cambados” Sabela Pillado, e o co-director do FICMAR Antón Mascato. Será proxectado o filme O ACOIRAZADO POTEMKIM, de Sergei Einsenstein (Unión Soviética, 1925).

Por último, o domingo 17 ás 19:00 está programada a sesión de clausura do FICMAR, coa intervención do concelleiro de Cultura Víctor Caamaño e o cineasta e presidente do xurado Xabier Marqués. Proxectarase o filme CADERNAS DA HISTORIA, de Vítor Gallego e Bruno Ordóñez (Galicia, 2014), e será presentado o tráiler de SISIFO CONFUSO (TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO), de Aser Álvarez (Galicia, 2016)










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.