Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de abril de 2016

O VENRES INAUGURA SAUDARTE EN EXPOSALNÉS










En Exposalnés desde o venres 8 de abril e ata 8 de maio poderase contemplar a exposición colectiva Saudarte, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico.
A mostra conta coa colaboracións do I.E.S. Cabanillas e I.E.S. Asorey e a academia de Pintura Mon
Esta exposición está concebida como parte do programa de sensibilización social da Fundación Galega contra o Narcotráfico, co apoio decidido do Concello de Cambados e dos centros educativos do municipio. 

A mostra Saudarte naceu en 2008 e dende os inicios propúxose empregar a arte como vehículo de sensibilización social fronte ós problemas derivados do consumo de sustancias adictivas. A iniciativa está aberta a todos os artitas noveis que desexen participar, principalmente a estudantes dos centros de ensino da vila onde se celebra a mostra, sen esquecer a participación de artistas a título individual procedentes de diversos lugares da nosa comunidade autónoma.

A destacar o apoio do Concello de Cambados, da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. 


Horarios de visita de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
Sábados e festivos de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
Domingos de 10.30 a 14.00 horas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.