Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2016

"OCÉANO PARA TERRÍCOLAS", PERFORMANCE INTERACTIVA DE XURXO SOUTO











CONFRARÍA DE PESCADORES CAMBADOS
Venres 22 de abril, ás 20.30 horas
OCÉANO PARA TERRÍCOLAS,
performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro “Contos do Mar de Irlanda”

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.
Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o terrícola.
Desta descuberta xurdiu un libro, “Contos do Mar de Irlanda”.
E tamén este espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.
Até o momento ten realizado unhas oitenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.
C:\Users\Usuario\AppData\Local\Microsoft\Windows\Temporary Internet Files\Content.IE5\HZXW5N0N\1962846_954240601253476_2422066540082182400_n[1].jpg
Agora, con humildade e vehemencia, achégase por fin á capital dos océanos: Todos os camiños de Galiza levan ao mar. E todos os camiños do mar levan á Cambados!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.