Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de octubre de 2014

A EMPRESA ENCARGADA DA AMPLIACIÓN DO H. DO SALNÉS BAIXO SOSPEITA






Os socialistas da comarca de Arousa, na súa xuntanza de onte pola noite en Vilagarcía coa secretaria de organización de Galicia, Pilar Cancela, valoraron entre outros temas a implicación da empresa Cofely na rede de corrupción destapada estes días en España con orixe en Madrid, pero que tamén afecta ao Goberno de Núñez Feijoo, e que alerta da rede clientelar que o PP ten instalada en moitas das institucións que goberna. Precisamente sobre a actuación da Xunta existe neste momento unha sombra que afecta a obras que a Xunta do PP, especialmente a Consellería de Sanidade, adxudicou á empresa Cofely. Dentro destas está a obra de ampliación do Hospital do Salnés.
Os socialistas láianse da xestión do PP que, unha vez máis, vai camiño de deixar a Arousa sen a tan necesaria e demandada obra de ampliación do Hospital do Salnés. Os socialistas apuntan que dende o inicio, esta necesaria ampliación foi sistematicamente burlada polo PP de distintas maneiras, facenco promesas sobre orzamentos que nunca se cumpriron e retrasando a tan demandad actuación. Ao final, e xa en ano electoral, o PP apuntou que iniciaría estas obras que agora se atopan con que a empresa que tiña concedida esta actuación está implicada da man do PP nunha rede de corrupción indecente e de dimensións escandalosas. Os socialistas pregúntanse se, ao final, unha demanda social se convertíu para o PP nunha oportunidade de negocio, e reclaman que a Xunta de explicacións rápidas e convincentes sobre o asunto para tranquilizar á cidadanía.
Especialmente os socialistas piden tamén aclaracións aos representantes cidadáns que o PP ten en Arousa, como os alcaldes que non levantaron voz ante o ninguneo a que estiveron sometidas as reclamacións e mobilizacións da cidadanía, e os deputados e deputadas do PP e cargos de dirección do partido que se mantiveron agochados despois de tantos enganos.

Dende o PSdeG lamentan que a corrupción poida ser a lousa definitiva para que a ampliación do Hospital non se leve adiante, dado que a empresa pode quedar desmantelada e inoperativa, e os fondos FEDER que financian esta obra teñen como data límite o fin de 2015, co que se perderían se non se realiza. Pregúntanse dende o PSdeG de Arousa se é unha casualidade que Cofely tivera tantas adxudicacións da Consellería de Sanidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.