Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2014

MOCION DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SOBRE O H. DO SALNES







Na mesma instan á conselleira de sanidade a que se comprometa a manter os servizos que se prestaban ata o de agora. 


A portavoz socialista Fátima Abal lembra que o hospital supón un dos elementos que aglutina maior acordo social en canto á necesidade de coidar e potenciar a calidade dos servizos que ofrece, ao tempo que lamenta o reiterado desmantelamento ó que os gobernos do PP someten á Sanidade Pública. 

“Os socialistas sempre defendemos e defenderemos unha sanidade pública, universal, gratuita e de calidade -continua Fátima Abal - mentres que o Partido Popular en cambio adicase a recortar, desmontar e desprestixiar a sanidade pública. Utilizan a crise como excusa para acometer uns recortes que son puramente ideolóxicos”

E é que os socialistas lembran que o caso deste hospital non é un feito illado: dia tras día, veñen sucedendose exemplos, como o repago dos medicamentos, a retirada da asistencia sanitaria aos emigrantes, o bloqueo da tarxeta sanitaria ós parados de longa duración, etc. e todo, insisten, utilizando a excusa da crise para tratar de enganar aos cidadáns. Porque o desmantelamento do público en favor do privado é algo que vai no adn da dereita, na sua ideoloxía neoliberal. A crise soamente lles deu vía libre para acelerar un desmantelamento que de outra forma lles levaria máis tempo efectuar. Non só se adican a recortar, senón que tamén desprestixian os servizos e ós profesionais públicos, tratando de crear unha opinión desfavorable e unha sensación de que son prescindibles. A mesma estratexia aplícana en tódolos ámbitos: sanidade, educación, administracións públicas, xustiza, servizos sociais.... os gobernos do PP pretenden impoñer a idea de que a determinadas cousas só poden ter acceso aquelas persoas que as poidan pagar, coma se fosen un luxo.
“Fronte a iso -continua a portavoz- , os socialistas defendemos o público, porque cremos na igualdade de oportunidades para tódalas persoas. A saúde non é un luxo, nin un capricho, e por eso apostamos por unha sanidade pública de calidade, que non discrimine a ninguén. Por eso presentamos esta moción, para que o concello se posicione nun asunto tan fundamental” 

No Hospital do Salnés construiuse a terceira planta, logo da movilización cidadá, pero non se dotou a ésta dos medios humanos e materiais que necesita, quedando infrautilizada e sen recursos para o seu funcionamento, ademáis de que permanece pechada varios meses ao ano. Recentemente foron eliminadas as camas para os acompañantes dos pacientes de coidados paliativos, ademáis de agrupar ás nais que acaban de dar a luz en habitacións compartidas cando ata o de agora dispoñían de habitacións individuáis. Ademáis, xa dende fai moito tempo estanse eliminando especialidades, e nos últimos tempos perdéronse varios postos de traballo, xerando unha sobrecarga de traballo nos profesionais actualmente contratados, que teñen que atender a unha poboación cada vez maior. 
Ademáis, como xa alertaron os socialistas no seu momento, a integración do hospital na área sanitaria de Pontevedra supuxo unha perda de autonomía para este centro. 

“Esta perda de calidade e de competencias -sinala Abal- fai que nos temamos o peor, xa que, como sucedeu en outros lugares, pode supoñer un paso previo para a sua privatización. Os socialistas imos loitar por tódolos medios dos que dispoñemos para evitar que eso suceda. Por eso presentamos esta moción, ó igual que están a facer os compaeiros socialistas da comarca, na cal reclamamos ó Concello que inste á Conselleira de Sanidade a
-manter os servizos que ata o de agora se viñan mantendo na calidade asistencial
-abrir totalmente a terceira planta 
-axilizar os procesos para a ampliación do Hospital do Salnés.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.