Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2014

O BNG DENUNCIA UN NOVO VERTEDOIRO ILEGAL





Veciños/as de Corvillón veñen de poñerse en contacto co grupo municipal do BNG para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista  que vai por detrás da Adega “Don Olegario”, nas proximidades da canceira municipal, existe actualmente un vertedoiro de lixo que está sendo  utilizado, desde hai algo máis dun mes,  para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo vai crecendo.



Como o concello de Cambados ten, tristemente, a experiencia de  que cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel, e polo que os nacionalistas solicitan que sexa eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que  este tipo de feitos se fagan tan habituais.


Volven a solicitar, como fixeron no pasado e sen que o concello fixera caso, que se faga unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do noso Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.