Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2014

DENUNCIAN MANOBRAS OSCURAS DE LOUZÁN






Xa leva tempo denunciando as prácticas sospeitosas do rival, e agora presenta denuncia formal ante a secretaría xeral para o Deporte da Xunta. José García Liñares, presidente en funcións da Federación Galega de Fútbol e candidato á reelección, acusa a Rafael Louzán de aproveitarse do seu cargo (presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial) para gañar as eleccións da FGF, que se celebran este xoves.
Liñares insiste en que persoal da Deputación participou e participa no proceso electoral, e vai máis alá nas críticas a Louzán, a quen acusa de "presionar non só a órganos autonómicos senón tamén a órganos municipais para que inflúan nas decisións dos clubs sobre a elección do presidente da federación”.
Segundo informa Efe, Liñares acusa a Louzán de ter metido nas directivas do CD Ribadumia e Umia CF á xente “vinculada directamente” coa Deputación de Pontevedra para exercer de interventores no proceso electoral. E dá nome e apelidos: Luis Serantes, xefe do gabinete de Presidencia na deputación; Amancio Varela García, xefe de servizo de novas tecnoloxías na deputación; e Manuel Mougán Rey, vinculado ao concello de Ribadumia e á deputación..
O presidente en funcións da FGF, e alcalde socialista de Cerceda, ve nesta “serie de irregularidades” unha posíbel “malversación de caudais públicos” e unha mostra evidente do funcionamiento do candidato Rafael Louzán. Coa denuncia ante a secretaría xeral para o Deporte, García Liñares pretende que a Xunta interveña no proceso electoral e poña en coñecemento do Ministerio Fiscal as actuacións “case delituosas”.

Dase a circunstancia de que foi Gustavo Falque, presidente do Coruxo e home forte da candidatura de Louzán, quen acusou á Xunta de non intervir no proceso electoral para garantir a súa limpeza. Trala elección dos 150 compromisarios con dereito a voto, García Liñares dixo ter o apoio de alomenos 85, pero avisou de que Rafael Louzán tentaría mercar “apoios”.


Fonte: Axencia EFE


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.