Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de abril de 2016

AXENDA CULTURAL PARA O FIN DE SEMANA EN CAMBADOS








A fin de semana ven cargada de actos culturais e actividades para nenos




O VENRES INAUGURA SAUDARTE EN EXPOSALNÉS


Venres día 8 de abril comeza en Exposalnés a exposición SAUDARTE, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e na que colaboran o IES Ramón Cabanillas, o IES Francisco Asorey e a Academia de Pintura Mon Costa




CONFERENCIA SOBRE MANUEL MARÍA

Tamén en Exposalnés, as 20:30h será a conferencia “a poesía última de Manuel María” a cargo de Manuel López Foxo (escritor, activista cultural, e autor de traballos e libros sobre Manuel María).



A REPÚBLICA E O GALEGUISMO 1936 CONFERENCIA DEBATE ESTE SÁBADO

O sábado ás 19:00 en Exposalnés coferencia-debate de Memoria Histórica “O dereito a saber: Cambados e o Salnés, 1936”


CONCERTO DE PIANO

E o domingo ás 19:00 no Auditorio da Xuventude realizarase o recital de clausura do curso de piano organizado por 5ª sinfonía e impartido por Olga Baranova e Yuri Popov. 




Para os nenos.... 16.00-17.30 h. Na Biblioteca Luís Rei, comezo do Obradoiro creativo de Scrapbook (traballos manuais feitos con papel e cartolina) para nenos. Os venres de abril e maio. 12€/mes (material incluído). Necesaria inscrición previa.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.