Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de abril de 2016

MANCOMUNIDADE, XUNTA E CONCELLOS ANALIZARON O PROGRAMA LEADER GALICIA 2014-20








O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou esta mañá o novo programa Leader Galicia 2014-2020 cos membros da mancomunidade do Salnés.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou esta mañá o novo programa Leader Galicia 2014-2020 cos membros da mancomunidade do SalnésA reunión tivo lugar no edificio de Exposalnés en Cambados, e á mesma asistiron alcaldes e representantes dos concellos de O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Rural, Miguel Dubois, o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e Alfonso Ruano, representante de Agader.
Durante a reunión o delegado territorial e os representantes municipais estudaron as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader Galicia e para a concesión de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
O orzamento deste novo programa será de 84 millóns de euros para toda Galicia que se xestionará a través de 24 GDRs, 5 deles na provincia de Pontevedra.
No anterior territorio de actuación existían 31 GDRs en Galicia, 6 deles correspondentes a Pontevedra. Agora, tal e como apuntou o delegado territorial, unirase a comarca de O Salnés coa comarca de Caldas, cun só GDR que contará con 16 concellos: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A fase de constitución do novo GDR Salnés-Ulla-Umia ten que ser protagonizada e dirixida polos axentes do territorio, velando o Agader porque sexa un proceso aberto a todos. O proceso culminará coa celebración dunha Asemblea constituínte na que se aprobarán os seus estatutos, escollerase unha xunta directiva e se establecerá un plan de traballo para elaborar a estratexia de desenvolvemento local. Finalmente, tras a asemblea o GDR, xa formalmente constituído, deberá comezar a definir o programa de desenvolvemento para o seu territorio.
O DOG do 2 de marzo de 2016 definiu o prazo de presentación de solicitudes ata o próximo 2 de xullo.
Consolidación de 280 postos de traballo

O delegado territorial destacou a importancia dos proxectos desenvolvidos cos Grupos de Desenvolvemento Rural, que no Salnés permitiron consolidar 280 postos de traballo a través de 83 proxectos e dun total de 3,8 millóns de euros de investimento.
A nivel provincial, o programa Leader permitiu desenvolver nesta provincia a través dos GDRs 462 proxectos cunha axuda económica de máis de 20 millóns de euros.
O enfoque Leader persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.
Para asegurar esa participación creáronse os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento. Os proxectos soen ser de natureza produtiva, orientados a xeración de emprego e riqueza, ou non produtivos, que perseguen a dotación de servizos e equipamentos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.