Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de mayo de 2016

A XUNTA NON VE PRIORITARIO ACTUAR NA PO-300 AO SEU PASO POR OUBIÑA












Para a Xunta non é prioritario actuar no punto negro da PO-300, carretera Cambados-Mosteiro, na parroquia de Oubiña en Cambados.
A Xunta  considera que as actuacións levadas a cabo nese vial sin suficientes para evitar a proliferación de accidentes varios deles mortais.prioritario.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, sinalou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia que a Xunta reforzou o firme e a sinalización na estrada PO-300, en Oubiña, coa fin de incrementar a seguridade viaria.
Menéndez lembrou que o seu departamento optimizou a sinalización vertical e o balizamento no treito entre os PQ 8+400 e 8+900, instalando paneis direccionais, co obxecto de mellorar a percepción das curvas. Ademais, colocáronse sinais verticais de stop en camiños municipais que entroncan na estrada autonómica.
O Goberno galego actuou no PQ 8,5 desta estrada mediante a modificación do salvacunetas de modo que no caso de saídas de vías non haxa obstáculos cos que colisionar.

A Xunta, a través do contrato de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas, tamén estendeu unha capa de microaglomerado en frío en todo o treito, para mellorar a adherencia do pavimento.
O grupo parlamentario nacionalista defendeu esta mañá na Comisión 2.ª de Ordenación Territorial unha iniciativa para que o goberno Galego dera solucións ao importante número de sinistros que se producen neste vial, en especial no “punto negro” situado entre o lugar da Cerexeira e o polígono de Sete Pías.


O Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asegurou que van “seguir atentos” e que “hai que ir priorizando actuacións”.
O BNG non considera satisfactoria a resposta, “nin tampouco que as medidas tomadas son suficientes para que de producirse outro accidente sexa máis leve, cando xa se levan dous sinistros no que vai de 2016”.
A deputada nacionalista, Montserrat Prado reclama á Xunta que se teñan en conta as demandas da Asociación de Veciños de Oubiña e que se manteña a xuntanza solicitada con representantes do concello de Cambados.
Segundo os datos de Protección Civil de Cambados nos últimos tres anos téñense producido neste tramo 24 accidentes, seis en 2013, sete en 2014 e nove en 2015, aos que hai que sumar os dous que se teñen producido recentemente, neste primeiro mes de xaneiro do ano 2016. De todos eles, dous resultaron con víctimas mortais.
Trala morte de Jéssica  Bernárdez Gómez o ano pasado, volveu a palestra a seguridade nese punto no que lembremos houbo varios accidentes e varios mortos. En setembro do 2011 un motorista morreu a escasos 100 metros do accidente de Jéssica.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.