Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS ENTREGA OS PRIMEIROS VEHÍCULOS PARA OS INSTITUTOS








O Concello de Cambados firmou un convenio de colaboración cos institutos que imparten ciclos formativos da rama de automoción en Vilalonga e A Guarda. Con este convenio os vehículos abandonados ou retirados pola grua municipal, e que son rexeitados polos seus propietarios, tendo como destino o desguace, serán entregados a ditos centros para ser usados como material didáctico, evitando así o desguace.
A entrega do primeiro destes vehículos foi realizada esta mañá, trala firma dos convenios con cada centro.
Na actualidade, nas instalacións hai uns dez automóviles e en lugar de entregalos aos desguaces, como se viña facendo ata o de agora, serán empregados nos centros educativos para as prácticas dos alumnos. Os vehículos que se poidan subastar serán subastados, quedando para os centros só os que polos danosou outras circunstancias non se poidan poñer a subasta.
Pouca pouco entregaranse outros a medida que se publique no B.O.E..
A furgoneta que se entregou esta mañá foi cedida pola súa propietaria, unha veciña de Cambados que acolleu de bo agrado a idea municipal.

Os detalles de todo elo, explicáronos esta mañá na presentación da iniciativa nunha rolda de prensa coa presenza da alcaldesa, Fátima Abal, representantes dos IES de A Guarda e Vilalonga, e o portavoz municipal, Xurxo Charlín.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.