Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de mayo de 2016

PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS DE RAMÓN CARIDE EN TORRADO











Este venres, 13 de maio, ás 20h, no Pazo Torrado, presentación dos libros de Ramón Caride, "Liquidación de existencias" e "Xeografías do deserto".

"Liquidación de existencias" contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Así, como cadre. Nada está fóra do mercado. Vivimos nunha exposición permanente. Oxidación continua e renovación de catálogos. Tamén nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade é boca a boca. Non se fíe da pantalla. As dimensións da vida axústanse, por definición, ao tamaño do respectivo espazo comercial. Todo está de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresión e os sucedáneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo.


"Xeografías do deserto" o libro-CD dos cantautores Moncho Nuñez e Sito Suárez e no que exploran a relación entre música e poesía sobre textos de Ramón Caride Ogando. O proxecto conta coa produción de Iago Lorenzo, e con fotografía de Sara Caride entre outras colaboracións. "XDD non é poesía musicada, nin música poetizada", advirten. O volume, que inclúe os textos orixinais de Caride, toma estes poemas como puntos de partida para desenvolver cancións envolventes de liña indie-rock. O proxecto prevé unha segunda entrega para o vindeiro ano, "As Flores Salgadas" na actualidade en pre-produción.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.