Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2016

DOUS XOGADORES DO XUVEN NO EQUIPO IDEAL DA LEB-PLATA









Dous xogadores do plantel do Xuven 2015/16 no banquillo de suplentes do equipo ideal da tempada na LEB-Plata.

O quinteto ideal é o formado por:

Base - Carles Marzo (Carrefour El Bulevar Ávila)

Escolta - Gabe Rogers (Marín Ence Peixegalego)

Alero - Javonte Green (Marín Ence Peixegalego)

Ala pívot - Beau Levesque (Sáenz-Horeca Araberri)

Pívot - Aleksandra Marcius (Sammic ISB)

Adestrador - Javi Llorente (Marín Ence Peixegalego)

E para o banquillo:

Base- Adrián Chapela (Xuven Cambados)

Escolta- Joel Almeida (Xuven Cambados)

Alero- Miquel Salvo (CB Tarragona)

Ala pivot- Jordan Semple (Sammic ISB)

Pivot- Jesús Fernández (Covirán Granada)

Adestrador- Sergio Jiménez (Sáenz-Horeca Araberri)


Adrián Chapela

Chegou a Cambados como cedido polo Cafés Candelas Breogán e a base de minutos o playmaker galego Adrián Chapela demostrou que está máis que preparado para poder asumir de novo o salto á liga LEB Ouro. Cun peso importante na dirección do equipo, Chapela foi unha das pezas fundamentais dentro dun equipo ao que axudou co seu xogo á consecución da permanencia na competición. A súa condición como a base máis valorado da competición é sen lugar a dúbida o mellor recoñecemento ao traballo dun xogador cuxa mocidade -22 anos- será o seu mellor aliado de fronte ao futuro.  Case descartado que siga no Xuven na vindeira tempada


Joel Almeida

Segunda campaña consecutiva en territorio nacional para un Joel Almeida que exerceu como un dos exteriores máis decisivos dunha LEB Prata na que foi capaz de asumir minutos nas diferentes posicións de perímetro. Cun total de catro presencias no quinteto ideal da semana, o escolta de orixe portuguesa achegou ao conxunto amarelo un plus tanto en tarefas defensivas como nun xogo de ataque do que foi un dos seus principais referentes para demostrar que pode haber moito futuro nas mans dun xogador sobrado de experiencia. Difícil por salario e ofertas que continúe tamén en Cambados






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.