Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de noviembre de 2016

APARECE UN COCHE ACCIDENTADO EN MEIS E O SEU CONDUCTOR MORTO











Un xoven de 36 anos e veciño de Meis resultou falecido tras saírse da vía o turismo no que viaxaba. O vehículo foi localizado pouco antes do mediodía por un veciño, na estrada que sobe ao Mosteiro da Armenteira, en dirección ao Campo de Golf.
Segundo explicaron os voluntarios de Protección Civil de Meis, a posición na que quedou o vehículo, metido nun desnivel, fixo que pasase desapercibido para quen circulase pola zona. Así, polo momento, descoñécese a que hora se produciu o accidente.
Urxencias Médicas enviou un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero nada puido facer por salvar a vida do condutor.
Tamén tiveron que intervir os Bombeiros de Ribadumia, pois a vítima estaba atrapada no interior do turismo.
A chamada ao 112 Galicia dunha persoa particular permitiu activar un operativo no que participaron os efectivos do parque comarcal, voluntarios de Protección Civil e axentes de seguridade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.