Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2016

FERIDOS NUNHA COLISIÓN EN CAMBADOS E "KAMIKAZES" NA VÍA RÁPIDA












Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión entre dous vehículos rexistrada en Cambados. Segundo se lle indicou ao 112, o seu estado non reviste gravidade. Foron trasladadas ao Hospital do Salnés. 
O sinistro tivo lugar na intersección entre a Rúa Hospital e a Avenida de Galicia. Urxencias Médicas informaba dos feitos ao 112 Galicia ao fío das 14:30 horas desta tarde. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Policía Local. 

Ao fío das cinco da tarde producíase o primeiro dos accidentes rexistrados na Vía do Salnés no día de hoxe e a esta hora os servizos de emerxencia atenden un terceiro suceso na mesma estrada. No primeiro accidente non houbo que lamentar feridos. Un turismo saíuse da vía e chocou contra o valo metálico da calzada. 

Cando os servizos de emerxencias estaban a piques de terminar o operativo de limpeza da calzada, a uns 50 metros de distancia, un coche saltaba literalmente polo aire quedando envorcado na estrada tras chocar por alcance con outro que circulaba en dirección a Vilagarcía. Como consecuencia do impacto resultaron feridos o condutor dun dos vehículos, un veciño da Illa que foi trasladado ao Hospital do Salnés en estado consciente e orientado, e que tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencias. A copiloto do outro vehículo, unha muller que  presentaba unha brecha na cabeza e queixábase de dor cervical, tamén foi evacuada en ambulancia.Dúas horas despois e a poucos metros de alí, á altura da saída a Vilanova, producíase outra colisión na que se viron implicados tres vehículos. 



Un coche en sentido contrario pola VG 4.3 provoca un accidente con tres persoas feridas
Tres persoas resultaron feridas a última hora da tarde de onte nun accidente rexistrado na VG 4.3, ao seu paso por Vilanova de Arousa. No sinistro víronse implicados tres vehículos. Segundo se lle indicou ao 112, o accidente foi provocado por un coche que accedeu á vía rápida en sentido contrario. 
En concreto, os feitos tiveron lugar á altura da saída de Vilanova, en sentido Cambados. Aconteceu contra as 19:40 horas, segundo lle explicou unha persoa particular ao 112 Galicia. 
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse aos Bombeiros de Vilagarcía e a Urxencias Médicas. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.