Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2016

XA PODES CONTEMPLAR O BELÉN DO HOTEL "OS PAZOS"











Un ano máis o Belén do Hotel os Pazos xa está para poder ser visto por todos.

Convidámolos a visitar un belén dun veciño de Cambados que leva  anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 20 metros cadrados e máis dun cento de figuras.

Carmelo  Fernández, o autor e dono deste belén, ten  máis duascentas figuras así como adornos e pezas sobre unha superficie de máis de 20 metros cadrados. Carmelo leva máis vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano xunto a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol, destaca un lugar privilexiado para a asociación GaliciAME e unha referencia á República de Beleco.


 É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da familia e de veciños que aportan pezas.


Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.