Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2017

XORNADA DE PRESENTACIÓN DO SICTED EN CAMBADOS














Xornada de presentación do programa de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas de Cambados para implantar o certificado de calidade SICTED, mañán martes 21 de marzo, ás 10 horas en Exposalnés, a Deputación de Pontevedra aspira a aumentar nun 25 por cento as empresas certificadas este ano dentro do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino da provincia de Pontevedra-Rías Baixas.

A Deputación vai destinar ao longo de dous anos, cen mil euros para a implantación do certificado de calidade SICTED para o que unha consultora asesore as empresas de xeito individual dos pasos para a súa posta en marcha. Para poder optar á certificación as empresas deben estar englobadas en nalgún dos 32 oficios (32) que identifica o SICTED, que son  praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; opc´s; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.


As empresas terán ate o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente se abrirá un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación.


Máis info



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.