Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de abril de 2017

ELIMINADO UN NIÑO PRIMARIO DE VELUTINA EN CAMBADOS










Esta mañán efectivos de Protección Civil de Cambados procederon a eliminación dun niño primario de vespa velutina ou asiática, na zona da avenida de Vilariño, de onde xa se retiraron varios niños.
O niños primarios, son nos que está só a raíña para poñer os ovos.


O Servicio de Emerxencias de Cambados leva retirados gran cantidade de niños de velutina, tanto en zonas apartadas como en zonas próximas a vivendas.
A maior parte destes niños foron localizados na zona da beira do Umia, zona do Monte da Pastora,  Castrelo e como sinalamos anteriormente avenida de Vilariño.

Coas trampas artesanais pódense eliminar agora na primavera moitas raíñas e por tanto moitos niños futuros. No inverno as raíñas hibernan e morren os machos e obreiras. En febreiro e marzo as raíñas inician os primeiros niños, os primarios e entre abril e maio nacen as obreiras e prodúcese o traslado aos niños secundarios.

A Xunta publicou un folleto sobre fabricación caseira de trampas para avispas con botellas de plástico, tipo auga mineral, que deben colocarse preto de plantas como as camelias ou os rododendros, que son asiáticas como as avispas.

Os expertos apicultores subliñan que por agora ningunha destas trampas é totalmente efectiva e aínda están en probas moitos métodos novos, como uno que se prevé presentar proximamente, unha especie de pistola.

Por agora, o máis fácil de facer é cunha botella de plástico de 1,5 ou 2 litros. Córtaselle a base superior e fúrase o tapón para que poida entrar unha avispa. Dentro ponse un atrayente comprado ou un caseiro (con cervexa negra, viño branco, azucre, zume de arándanos e cera de abella).

A parte superior cortada colócase dentro da botella, tras darlle a volta, como un embude. Na base realízanse pequenos buracos para que poidan escapar outros insectos.

Esta botella cólgase a un metro e medio do chan, preto das plantas como os camelios (por agora non se poñen preto das colmeas).








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.