Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2017

TONUCCI VISITA HOXE CAMBADOS









A día de hoxe son 20 os concellos da provincia adheridos á rede de Francesco Tonucci: Pontevedra, Catoira, As Neves, Marín, Ponteareas, Salceda de Caselas, Mondariz Balneario, Caldas de Reis, A Cañiza, Valga, Lalín, Arbo, Silleda, Ponte Caldelas, Tomiño, Nigrán, Cangas, A Guarda, O Grove e Cambados.


O pedagogo italiano Francesco Tonucci foi recibido onte por parte do Goberno provincial como inicio dunha intensa semana de actividades en diferentes concellos da provincia que culminará este venres coa inauguración da exposición ‘Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'. O investigador louvou o traballo realizado dende a Deputación para tratar de estender o ‘modelo Pontevedra' ao resto dos municipios da provincia e así deseñar cidades e vilas adaptadas aos nenos e nenas, ás persoas en xeral, en lugar de aos coches.
Tonucci indicou que Pontevedra é un modelo que demostra que o que parece unha utopía pode concretarse: "é a cidade, a nivel internacional, que máis en concreto aplicou a idea e que a levou a unha proposta coherente de cambio do deseño das rúas para que favorezan á xente en lugar de aos coches", asegurou. 

O pedagogo indicou que a proposta para os políticos de deseñar as vilas á medida das persoas e non dos coches é "unha necesidade de todos" e non só das crianzas. "Todos vivimos mal nestas cidades. Nós falamos dos nenos e nenas para que a xente entenda o que é preciso para todos. Os nenos necesitan a seus pais, avós, cans, plantas… Unha cidade dos nenos e nenas é unha cidade completa. Só nós os adultos pensamos  nunha cidade só para nós. A proposta é para os políticos, para que entendan que a súa misión é a felicidade de toda a xente", subliñou.

O propio Tonucci destacou que ata o mes de xullo Pontevedra será un lugar "céntrico" para a súa filosofía pola inauguración este venres da exposición ‘Imaxinar a educación.50 anos con Frato' (Pazo da Cultura. 17.30 horas 28 de abril), así como pola celebración do encontro de cidades españolas da rede a finais de maio.
No día de hoxe Tonucci presentará oficialmente en rolda de prensa a mostra que estará no Pazo da Cultura entre o 28 de abril e o 11 de xuño e visitará o CEIP Viñagrande-Deiro en Vilanova de Arousa, así como os concellos de Cambados e O Grove. O mércores coñecerá a vila de Ponteareas, inaugurará o salón de plenos de Tomiño con máis de 100 rapaces, e xantará nunha comida de traballo cos alcaldes dos concellos adheridos á rede de ‘Cidades dos nenos e nenas' no sur da provincia. O xoves realizará unha conferencia ás 20 horas no Museo de Pontevedra (entrada libre) sobre ‘A autonomía das nenas e dos nenos: unha necesidade para eles, un recurso para a escola e a cidade', e o venres impartirá a conferencia de apertura ao público da exposición ‘Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato' ás 17.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura (entrada libre).

O vicepresidente, César Mosquera, visitará hoxe a partires das 14:00hrs, xunto a Francesco Tonucci, o Concello de Cambados, onde será recibido pola alcaldesa e os concelleiros de Cultura, Deportes e Economía e Facenda, para unha posterior comida e visita pola vila




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.