Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2017

A DEPUTACIÓN PROMOCIONA EN LISBOA "CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO´17"












O encontro, previsto para as 20 horas, dará paso mañá á presentación oficial da campaña ante medios nacionais e internacionais.
Un acto coa Asociación de Mulleres Profesionais Españolas abre esta tarde en Lisboa a promoción do destino Rías Baixas en territorio luso. Este evento, impulsado pola Deputación de Pontevedra para a difusión dos atractivos da provincia no país veciño, está previsto para as 20 horas e con el inaugúrase a axenda de actividades da campaña, que contará coa participación da presidenta da institución provincial, Carmela Silva.
Este acto dará paso mañá á presentación oficial da campaña "Moito por descubrir" na capital portuguesa. Ao encontro están convidados numerosos medios nacionais e internacionais, ante os que se exporán os catro eixos fundamentais deste proxecto: os camiños de Santiago, o enoturismo, os Festivais Rías Baixas e o compromiso de calidade turística.
Eixos temáticos
Deste xeito, respecto dos itinerarios que atravesan a provincia de Pontevedra no seu camiño cara a Santiago de Compostela, presentaranse as seguintes variantes xacobeas: o Camiño da Costa, o Camiño Portugués tradicional, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno, a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e a Ruta do Padre Sarmiento.
Pola súa banda, a proxección do circuíto festivaleiro das Rías Baixas será mostra de citas xa consolidadas como Atlantic Fest, Cultura Quente, Portamérica, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas e O Marisquiño, así como as dúas grandes novidades deste ano, Vive Nigrán e Festival Cidade Europea do Viño, en Cambados.
Precisamente, a distinción da localidade do Salnés como Cidade Europea do Viño é o alicerce dos actos ligados á promoción do enoturismo, coas Rías Baixas como lugar privilexiado para a colleita e a obtención dos mellores caldos.
Finalmente, o compromiso da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas coa calidade turística a través do selo acreditativo SICTED é outro dos grandes fitos desta campaña, que xa recalou en Vigo e en Madrid. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.