Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2017

A EXPERIENCIA DAS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO













A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia.
Con motivo de que este ano Cambados é a Cidade Europea do Viño, a xornada desenvolverase no Auditorio desta localidade (sesión de mañá) e nas Bodegas Martín Códax (sesión de tarde) o vindeiro 10 de xuño.
As prazas son limitadas; poderá inscribirse ata un máximo de 100 persoas
Ademais de exposicións e unha mesa de experiencias, nesta xornada realizarase unha cata e unha visita ás Bodegas Martín Códax (ver programa).
Para reservar a túa praza deberás cubrir e enviar o formulario que atoparás neste enlace.
Unha vez recibidos os formularios de inscrición confirmarémosche, á maior brevidade posible, a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.
Inscrición gratuíta, prazas limitadas
Data límite de inscrición: 6 de xuño de 2017
Persoas destinatarias
Persoas interesadas en compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas no sector vitivinícola, preferentemente:
  • Mulleres profesionais do sector
  • Mulleres emprendedoras do sector
  • Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional cara a este sector
  • Persoal de organizacións públicas e privadas
  • Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
  • Persoas con interese no eido do viño
Para máis información contacta co Servizo de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@depo.es ou escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.