Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2017

A XUNTA REPARARÁ POR FIN A ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE CAMBADOS










A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reparación e mellora das estacións de autobuses das vilas pontevedresas de Cambados e Sanxenxo, por algo máis de 95.000 euros.
Este proxecto, cun prazo de execución de seis meses, está enmarcado nun contrato que inclúe actuacións noutra estación, concretamente na localidade coruñesa de Noia, cun orzamento de máis de 276.000 euros.
As empresas interesadas na execución destas obras poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de maio. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/1rAoXE.
O proxecto da instalación en Cambados contempla actuacións de mellora na cuberta da dársena, na que se realizará a retirada completa das baixantes danadas e da chapa metálica para a posterior instalación de correas metálicas novas, da cuberta íntegra con chapa de aceiro e de todo o canalón e baixantes. Na cuberta do edificio, executaranse accións para fixar os remates parcialmente soltos.
Así mesmo, abordarase a reparación das luminarias de emerxencia que están fora de funcionamento, ademais repararase o resto dos elementos eléctricos e colocarase a sinal luminiscente da boca de incendios que falta dentro da estación.
Tamén quedarán eliminadas as filtracións de auga ao interior da estación que están a perxudicar as instalacións.
Repararanse as fisuras e fochancas no patio de manobras coa repavimentación das zonas afectadas. Ademais colocaranse novos bordos naqueles puntos nos que as diferenzas de altura entre dársenas e andéns fan que o bordo actual non alcance la baldosa; e reporanse as baldosas rotas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.