Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2017

ARRANCAN AS "ANDAINAS SAUDABLES" DO CONCELLO DE CAMBADOS












Unha vez máis a Biblioteca Luís Rei vai a colaborar con Cruz Vermella de cara a poñer en marcha unha nova iniciativa para os maiores de 65 anos da vila. Trátase dunhas“Andainas saudables” que se levarán a cabo todos os xoves de 10.30 a 11.30 percorrendo diferentes rutas do centro do Concello, na compaña de voluntarios e voluntarias.
A inscrición está xa aberta na Biblioteca e é totalmente gratuíta, só é preciso cubrir unha ficha de valoración e aportar copia do DNI. Os requisitos son gozar de boa movilidade e acudir con roupa cómoda e calzado adecuado.
A actividade, comezará o xoves 25 de maio, e enmárcase no proxecto, “Promoción do envellecemento saudable: Saúde constante” de Cruz Vermella, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos fomentando a actividade física, de cara a reducir o impacto negativo do deterioro físico asociado a esta etapa da vida, ademáis de contribuir a mellorar  o estado psicolóxico dos participantes.
As andainas terán como punto de encontro para a saída o xardín da Biblioteca.
Todas as persoas interesadas en participar nesta proposta que mestura saúde, benestar e diversión, poderán apuntarse na biblioteca municipal en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 h.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.