Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2017

CAMBADOS SOLICITA UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO PARA A MOCIDADE DE “INNOVACIÓN TECNOLÓXICA E BENESTAR XUVENIL”













– O Concello de Cambados ven de solicitar unha subvención ante a Xunta de Galicia de un novo Obradoiro de Emprego para a mocidade destinado a 15 desempregados.– Vanse solicitar dous módulos, un de Dinamizadores de tempo libre educativo infantil e xuvenil e outro de Montaxe e Mantemento de Sistemas Microinformáticos e Redes Departamentais


A procura de alternativas para reciclar traballadores en paro leva ao Concello de Cambados, a solicitar acollerse novamente ao plan de axudas autonómicas para a creación de novos Obradoiros de Emprego para a mocidade.
O Concello de Cambados presentou á Xunta de Galicia o proxecto para conseguir un novo Obradoiro de Emprego con destino á formación de 15 desempregados nas áreas de Dinamización de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil con 8 alumnos e outro de Montaxe e Mantemento de Sistemas Microinformáticos e Redes Departamentais con 7 alumnos. O investimento requirido para este novo plan formativo é próxima aos 145.000 euros.
O novo Obradoiro de Emprego deseñado pola Concellería de Promoción Económica que lidera Xurxo Charlín, denomínase “Innovación Tecnolóxica e Benestar Xuvenil” e suscita a creación de dous módulos formativos para dar cabida a 15 desempregados menores de 30 anos, que recibirán formación teórica e práctica mediante a realización de traballos de interese social para o Concello, baixo a modalidade de contratos de formación e aprendizaxe durante 6 meses.
Actividades para Nenos e Mozos de Cambados
A través do módulo de Dinamizadores de tempo libre educativo infantil e xuvenil, tras completar a formación teórica os alumnos realizarán actividades dirixidas a nenos e mozos; para nenos tense previsto realizar talleres de titeres, expresión mímica, cestería e reciclaxe, taller de pintura, contacontos, animación á lectura e espectáculos de monicreques, proxeccións de cine infantil, visita sensorial guiada no conxunto histórico artístico, xornadas deportivas, campamentos urbanos, actividades de Nadal e Samaín. Por outra banda xa para os mozos tense previsto realizar talleres de fotografía alternativa, ciclos de danzas, teatro contemporáneo, curso de interpretación medioambiental, rutas ecolóxicas e de sendeirismo, alternativas de ocio saudable, actividades deportivas e Xornadas relacionadas coas TIC´s.
Innovación Tecnolóxica dos centros culturais
O persoal de Montaxe e Mantemento de Sistemas Microinformáticos e Redes Departamentais realizará os labores de Innovación tecnolóxica dos centros culturais de titularidade municipal das 5 parroquias de Cambados, nos que se ten previsto realizar unha actualización de sistemas finais e da rede de telecomunicación interna, reposición de compoñentes, implantación de software libre, reciclaxe de equipos Informáticos e implantación de sistema de eliminación de residuos electrónicos e informáticos.
A axuda económica solicitada á Consellería de Traballo e Benestar é de 140.188,65 euros, á que o Concello sumará unha achega de 6.000 euros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.