Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2017

DON JOSE ALDAO (PARTE 2): PARROCO E “MARTIR” CAMBADES












             
  
Mentiría coma un bellaco si dixese que non me sorprendeu a acollida que tivo o anterior artigo dedicado á figura do párroco  José Aldao: en pouco mais de tres días recibiu case catro mil visitas o que amosa que, a  personaxe en cuestión, ou ben se lle quere ou ben se lle  detesta pero, dende logo, non deixa a ninguén indiferente.
Debo aclarar (como xa sinalei no anterior artigo) que  non teño nada, no terreo persoal,  contra a figura de Aldao; para min non é mais que o representante dunha institución arcaica que, incomprensiblemente, no século XXI sigue gozando dunha serie de privilexios e favores, non acordes cun Estado moderno e aconfesional como se supón que somos. Aldao é, sobre todo, un actor que representa un papel; quen se queira crer as súas  películas xa é cousa de cada un pero, dende logo, as súas palabras e os seus mensaxes, en moitas ocasións, non coinciden coas súas actitudes.
Quería, tamén,  mostrar o meu agradecemento público  polas anécdotas que  me fixestes  chegar, algunha expoñerase aquí para que vexades de que “material” está feito este “presunto” servo de Deus; por certo, a algún sorprendeulle (e así fíxomo saber) que tivera a “tremenda ousadía” de facer unha crítica  do actual párroco de Cambados, como si fose unha persoa “intocable” ou merecese  algún tipo de respecto, cando mais ben, polo menos pola miña parte, é todo o contrario; a única dúbida que tiña é si a min faríame  como cando, xa fai anos,  nun Entroido unha comparsa, (creo  recordar que era  “Unha Grande Chea) tiveran a ocorrencia de disfrazarse  de curas, bispos, monxes etc.; pois ben, como dicía,  naquela ocasión, o anterior párroco (Antonio Liste) e José Aldao falaran coa nai dun dos membros de dita comparsa, en concreto, do que se disfrazara de Papa de Roma, expoñéndolle as súas queixas: que non fora moi afortunado dito disfrace,  que si era unha falta de respecto á figura do “Santo Padre” etc.;  obviamente a resposta da nai non podía ser mais clara e concisa: “Mire Don Antonio, o meu fillo é maior de idade,  casado e con fillos polo tanto eu pouco podo facer si algo ten que dicirlle dígallo a el”.
Como o definín no anterior artigo, Aldao é, ante todo, un sectario: ten moi ben “fichado”  quen é “da súa corda”,  a quen ten que “facerlle a rosca” e quen lle interesa, mais ben, pouco e, para elo, unha anécdota que me fixo chegar un lector e que describe, á perfección, a catadura moral deste “señor”por chamalo dalgunha maneira.
Resulta que, nunha ocasión, un mariñeiro de Cambados, ao que chamaremos co nome ficticio de Paco, para preservar a súa identidade, tivo un problema moi gordo debido a unha multa que lle puxera a Xunta en relación ao pequeno barco co que saia a pescar e os permisos do Permex; o asunto non era ningunha broma,pois, debido a tal multa, chegou a ter a casa embargada e a punto de ser subastada; a cuestión é que, este humilde mariñeiro, estábao a pasar moi mal e unha veciña (a nai da persoa que me remitiu esta historia) moi preocupada,  foille contar a historia a José Aldao por si coñecía alguén na Xunta, que puidera  facer algo; pois ben, amigos, ¿cal creedes que foi a resposta de Aldao? Quizais podería terlle contado unha mentira piadosa a esta boa señora preocupada polo devir do seu veciño como, por exemplo,  que o intentaría ou serlle sincero, non darlle falsas esperanzas e dicirlle que non  estaba na súa man; pois non, Aldao, nunha mostra de desprezo e de falta de empatía con este cambadés que tan mal o estaba a pasar,  o que lle contestou  foi o seguinte:  “o que ten que facer o teu veciño   é  achegarse á de Marina (o posto de Loterías que está  a carón da praza de abastos) e botar unha primitiva, cun pouco de sorte igual tócalle o premio gordo e con iso para o embargo” ….. xa podedes imaxinar a cara que se lle quedou á pobre señora ante tal resposta  “chulesca” e impropia de alguén que predica a  “bondade” e o “amor ao próximo”  nos seus sermóns;  como me dicía o lector que me contou esta historia: “si en vez dun humilde mariñeiro fora alguén desas familias “bien” de señoritos  de Cambados polo “carallo arriba” o cura ia a contestarlle así, todo o contrario, chamaría a quen fora con tal de quedar ben ”;  por certo,  si a alguén lle interesa, a historia tivo un final feliz: este mariñeiro puido contar co  apoio dun familiar para facer fronte a multa e non perder a súa vivenda.   
Outra característica  de José Aldao é  que intenta aparentar ser  un “cura  enrollado”, moi próximo á xuventude, cando, en realidade, é un claro exemplo  do que son a maioría  dos sacerdotes da Igrexa Católica: uns “carcas” e, nada conectados, coa realidade dos tempos actuais. ……. Lembro unha anécdota dos meus anos  de estudante de bacharelato no instituto “Ramón Cabanillas”  que exemplifica á perfección esta afirmación: resulta que un dia, nun cambio de clase, había unha parella de alumnos, duns 15 ou 16 anos, que levaban un tempo saíndo xuntos, que estaban   ás súas cousas:  abrazados e dándose bicos ou, como diciamos daquela, “morreándose” (non sei  que expresión utilizarán  os adolescentes de hoxe en dia); a cuestión é  que, no “fragor da paixón” non se decataron de que, de fronte plantóuselles o mestre co que tiñan a seguinte clase que non era outro que José Aldao; sobra dicir que a cara do cura era todo un poema, e o mellor aínda estaba  por chegar: a hora que durou a clase dedicouna, Aldao,  a falar da importancia de respectar o corpo dun mesmo e dos demais e non caer nos  praceres físicos, “praceres pasaxeiros” como os definía; mentres relataba isto buscaba os ollos dos dous rapaces para cravarlles unha mirada inquisidora, como si os mesmos tiveran que avergoñarse de algo.
Hoxe en dia, cando vemos que non pasa unha soa  semana onde non coñezamos un caso de violación de nenos  por parte de membros do clero, non podo evitar lembrarme daquela anécdota e que, quizais, Aldao tivera feito mellor en calar a boquiña e gardar o sermón que lles dedicou a aqueles pobres adolescentes para  botarllo, mellor, a moitos dos seus compañeiros de sotana que cometeron as aberracións sexuais  que, co tempo, foron coñecéndose e que, a dia de hoxe, moitos mandatarios da Igrexa Católica aínda intentan xustificar con frases como: “muchas veces eran los chicos quienes lo iban buscando”; como pai de tres fillos xa vos podedes facer unha idea que opinión merécenme eses  “malparidos”.
Por certo e xa que falamos da figura de Aldao como mestre, podemos dicir que  exercendo tal rol tamén era bastante  “peculiar” e que, si ben, as hostias consagradas reservábanas para o sacramento da eucaristía, sempre tiña algunha “sen consagrar” para levar ás aulas;  sen ir mais lonxe eu  podo dar fe do mesmo: lembro nunha ocasión que estaba en 3º de E.X.B e colleume distraído, doume tremendo “coscorrón” que a cabeza rebotoume  no pupitre; por non dicir que  cando se lle metía un alumno entre cella e cella, quedaba “bendicido” e para elo vai outra anécdota que me remitiu outro lector e que transcribo tal como a recibín:
“A miña experiencia co cura foi en clase de relixión no instituto, alá polo ano 1998 e ver como a un compañeiro que non estaba facendo nada pero como lle tiña ganas, outro fixera un comentario que non era un comentario  malo nin nada, pero Aldao pensara que fora el e levantouno da silla, agarrándoo pola pecheira, fora de si “rojo” coma a picha dun can e gritándolle e salivando o mesmo tempo para botalo fora. Toda a clase quedouse petrificada e preguntabámonos ¿este fulano é cura ou un “macarra”?  …….  Nada mais que engadir, coma se acostuma dicir en ambientes periodísticos: sobran as palabras.
Podería seguir contando  mais cousas deste “home de Deus” que grazas á providencia e, sobre todo, ao seu orgullo e “cabezoneria”, hoxe en dia é o párroco de Cambados: cando morreu Antonio Liste no  ano 2003, Aldao declarou aos seus achegados que si non era o próximo párroco, sentiríao moito pero que deixaría Cambados porque xa non seguiría sendo o sacerdote adxunto de ninguén máis.. ¡¡ai Aldao, Aldao!! ¿Qué foi do teu voto de humildade?.
Despídome non si antes,  por unha vez e sen que sirva de precedente, poñerme na pel de José Aldao, el que está tan acostumado a xulgar as conciencias e os pecados dos demais, incluso antes de  recibilos en confesión e así, por exemplo, negarse a que unha parella, que viva xunta e non están casados,  poidan ir de padriños nun  bautizo porque considera que non cumpren  coa   Fe cristián aínda que, polo visto si a cumpren os que se casan pola Igrexa aínda que despois o marido lle pegue á muller, se vaia de putas ou ela lle poña os cornos, eses  si poden ir de padriños (¡vaia hipocrisía!) ….. pois como dicía e como xa sei que isto chegará a oídos de Aldao, permitídeme, queridos amigos, que me dirixa a el e por unha vez sexa eu o conselleiro espiritual  para dicirlle que oxalá viva moitos  anos porque eu, dende logo, non lle desexo ningún mal, pero o dia que chegue a súa hora  si de verdade cree no Deus sobre o  que tanto  predica (cousa que dubido moito pois nunca un vendedor de crece pelos se creu o produto que intentaba colocar aos demais) faga acto de penitencia porque  ten moito de que arrepentirse ante o Todopoderoso e si, de verdade, existe  o seu Deus rece pola miña alma e polos moitos pecados que cometín, cometo e cometerei, sobre todo de pensamento; pareceralle unha parvada, Aldao, pero ultimamente ocorréseme pensar que son o demo e que o tento a vostede, non levándoo ao monte da Pastora e soltando aquilo de “todo esto te daré menos Fefiñanes, Cambados y Santo Tome” como di a lenda senón que o levo a un local de Salsa Cubana  e, ao son de reggaeton, cun daiquiri na man,
observar o baile de tres impresionantes mulatas chamadas Fefi, Camba e Santa, mentres murmúrolle ao oído: “desengánate Pepiño isto é o verdadeiro paraíso”. ……. ¡O que me leva a pensar a miña alma pecaminosa!          


                        UN SAUDO A TODOS


                                  RICARDO DOMINGUEZ REY







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.