Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2017

LITA CABELLUT VISITA O SALNÉS














A Semana mundial da educación artística que convoca a Unesco ten por obxectivo sacar a arte á rúa e implicar á cidadanía na expresión artística.

Con tal motivo a "VI Semana da Educación Artística" este ano trae ao Salnés a Lita Cabellut.
Entre mañán xoves e o venres visitará Vilanova sede da escola de arte Sienna, que foi quen convidou a artista, Vilagarcía a Illa e Cambados
Os actos previstos na comarca do Salnés comezan mañá xoves en Vilanova de Arousa, cunha presentación e photocall na escola de arte Sienna ás 11:00, e ás 12:00 inaugurará unha instalación artística no Concello. Ás 18:00 será o turno de Vilagarcía, onde inaugurará unha instalación na casa da Cultura.
O venres será o turno de Cambados, onde ás 12:00 será inaugurada unha instalación súa na praza do Concello. Por último, a Illa pechará os actos de homenaxe con outra instalación que será inaugurada ás 18:00 na praza do Concello, e ás 21:00 haberá un concertó homenaxe.

LITA CABELLUT

Lita Cabellut (Sariñena, 1961) é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuais e vídeos. De orixe xitana, foi criada en Barcelona e desde os 19 vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.1 En 2011 recibiu o Premio de Cultura Xitana de Pintura e Artes Plásticas do Instituto de Cultura Xitana en recoñecemento ao traballo realizado en beneficio da cultura xitana no mundo. En 2015 foi recoñecida pola revista especializada Artprice como un dos artistas contemporáneos máis cotizados do mundo, situándoa no posto 333 só por detrás de Miquel Barceló e Juan Muñoz do seu "top 500" e converténdose na artista feminina española máis cotizada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.