Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2017

O CLUB DE MAR RÍA DE ALDÁN VENCE NA REGATA CONCELLO DE CAMBADOS













O peirao de Santo Tomé de Cambados acolleu  na mañá de hoxe  a 2º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. A competición daba comezo ás 11:00 da mañá  coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.
Esta edición do Trofeo Concello de Cambados tivo como gañador ao Club de Mar Ría de Aldán (421 puntos), a segunda posición foi para o Piragüismo Cambados (354 puntos) e o terceiro posto levouna o Club Piragüismo Olívico (295 puntos)

Os de Aldán repetirían triunfo na xeral masculina con 333 puntos, seguidos polo Piragüismo Cambados que sumou 284 puntos, terceiro con 203 puntos foi o Club Naval de Pontevedra. Pola contra en mulleres gañou o Piragüismo Olívico con 107 puntos, seguido en segunda posición polo Ría de Aldán con 88 puntos e terceiro sería o Piragüismo Cambados con 70 puntos.


As clasificacións xerais da liga unha vez sumados as dúas primeiras probas, encabézaas en homes o Club de Mar Ría de Aldán  con 100 puntos, séguelle o Club Piragüismo Cambados con 96 puntos. Na terceira posición prodúcese un empate a 93 puntos entre o Piragüismo Olívico e o Naval de Pontevedra. Á súa vez en mulleres o Piragüismo Olívico vai primeiro con 98 puntos por diante do Breogan do Grove que suma 96, en terceiro lugar atópase o Club de Mar Ría de Aldán  con 95 puntos.

A nivel individual destaca a vitoria  en K1 Senior Sprinter de Miguel Pérez-Piragüismo Cambados, segundo en entrar en meta foi Adrián Carpente-Náutico Pontevedra e a terceira praza obtívoa Breogán Monteagudo-Naval de Pontevedra. Na modalidade K2 Sprinter Senior as tres primeiras posicións foron para a parella do Naval de Pontevedra Xullo Fontán e Iván Benavente, segundos chegaron Cristian Chapela xunto con José Ramón Estévez e terceiros os irmáns Aitor e Borja López do Piragüismo Olívico.



 RESULTADOS









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.