Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2017

A XUNTA CONCEDE A CAMBADOS 43.000 € PARA ACONDICIONAR CAMIÑOS RURAIS













Os concellos de Pontevedra recibirán unha axuda total de 3,2 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou esta mañá os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia. Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun total de 231 millóns de euros.
A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.
A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia de Pontevedra:









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.